Obradoiro de cartón na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre



O venres 20 de setembro tivemos na biblioteca unha actividade moi interesante. A partir do cartón dunha caixa de zapatos puidemos construir dragóns de moi diferentes tipos, tamaños e cores.
Só precisamos o cartón, un rotulador, tesoiras, cinta de papel adhesiva e unhas directrices que sabiamente nos proporcionou Antonio Rodríguez Arenas, de Mircromina Teatro de Títeres.
Ao remate do obradoiro nenas e nenos comprenden con claridade o paso de 2D a 3D, como se pode lograr unha figura tridimensional partindo dunha tira de cartón.
Cada participante deixou voar a súa imaxinación e personalizou as figuras ao seu xeito.
Un obradoiro moi creativo e moi ben conducido por Antonio.
Todos levaron para a casa as súas creacións.














Cando se sae dunha actividade con ansias de que durase máis e máis, é que foi un éxito e gozouse unha chea😀; así, no obradoiro de iniciación á caligrafía chinesa co que os clubs de lectura iniciaban o novo curso.










Séguenos