Obradoiro de maxia a cargo do Meigo Albert na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros
O martes, 4 de outubro, o Meigo Albert ensinounos a elaborar e a utilizar a nosa propia variña máxica e unha chea de cousas máis.
Pasámolo estupendamente !!!
Este pasado sábado 1 de outubro arrincou a programación de actividades coas que durante todo o mes celebramos o Día Internacional das Bibliotecas.
Recibimos á compañía Os náufragos teatro, que viñeron ofrecer aos nenos e nenas a ás súas familias un obradoiro participativo no que imaxinar como sería a súa biblioteca ideal. Puxemos a traballar as súas cabeciñas e as súas mans para plasmar todas as súas ideas nun fermoso libro que a partir de agora poderá consultar toda a veciñanza.
Este luns 26 de setembro na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda puidemos despertar a nosa curiosidade científica cun entretido obradoiro de ciencia impartido polas monitoras de Héroes para la Ciencia. Péndulo de Newton, bóla de plasma, caleidoscopios, paxaros en equilibrio e ata fluído non newtoniano de cor!!. Unha tarde na biblioteca na que as nenas e os nenos puideron aprender xogando que a ciencia tamén é divertida.
O martes, 27 de setembro, tivo lugar na biblioteca “Manuel María” de Oleiros o obradoiro de creación de esculturas de papel PAPELARTE.
As nenas e os nenos crearon pequenas esculturas baseadas na literatura utilizando papeis reciclados e engrudo.
Moitas grazas Electra por ensinarnos a elaborar verdadeiras obras de arte con materiais accesibles, sostibles e duradeiros !!!!
O pasado luns, 19 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Paradela acolleu un obradoiro creativo dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Un total de 24 nenos e nenas de infantil do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela achegáronse á biblioteca con profesores e algunha mamá, para debuxar un conto, con Estefanía Padullés Estévez.
A actividade rematou cos nenos e nenas moi contentos ca elaboración do libro que ilustra as peripecias da súa protagonista “A Vaca Mona”.
Darlles as gracias aos nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe de San Miguel de Paradela por colaborar ca biblioteca do seu pobo.
O martes, 20 de setembro, tivo lugar na biblioteca de Oleiros o obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”.
As nenas e nenos que participaron nesta actividade crearon, con pezas de lego, diferentes obxectos que programaron para que executaran diferentes accións como por exemplo un caracol que se ilumina e canta ou un robot espía que nos avisa cando unha persoa entra na biblioteca.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e sobre todo aprendimos moito sobre que é un robot, cómo funciona e para que sirve.
Este venres visitounos Santy Gutiérrez para axudarnos a realizar unha cómic dende cero. Grande e pequenos aprendimos cómo é un guión para realizar unha banda deseñada e como facer a nosa páxina con distintas vistas e recursos da novena arte. E para rematar puidemos levarnos o noso traballo como base para seguir avanzando na historia.
Este martes na Axencia de Lectura de San Vicente puidemos desfrutar dunha actividade moi interesantes. Descubrimos a técnica de Stop Motion para realizar unha animación dun conto. Os rapaces e rapazas crearon as marionetas dos personaxes do conto “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak para despois crear a animación deste conto coa técnica Stop Motion.
O mago José Rivera fíxolle aos/ás participantes no Campamento de verán de Irixoa un obradoiro no que a través do ilusionismo ensinou a práctica de pequenos efectos de ilusionismo ó seu alcance, e o xeito de mellorar e aprender máis, enfocando á lectura como ferramenta e espertando nos nenos e nas nenas o gusaniño da maxia, mellorando a súa creatividade e estimulando a súa imaxinación, ao tempo que se desenrola o seu pensamento crítico.
Este martes 9 de agosto a Escola das Utopias convidounos a participar no xogo “Parti da Igualdade”
Nunha primeira parte do obradoiro, os nenos e nenas participantes realizaron a súa propia ruleta do xogo para poder xogar en casa. A continuación, divididos en grupos os nenos e nenas tiveron que poñer en práctica o xogo realizando diferentes probas e preguntas encamiñadas a rachar cos estereotipos e roles machistas.
Séguenos