A rapazada de Cambre achégase ao proceso de creación dun libro

O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.

O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.

Na Biblioteca Rialeda as nenas e nenos gozaron dun entretido obradoiro no que construíron un coche eléctrico cunha combinación de pezas de lego,
pequenos motores e elementos decorativos.
Mediante tablets e unha aplicación informática programaron o movemento. Unha vez montados, realizaron pequenas carreiras.
Carlos, o monitor, estivo moi pendente de cada un/unha e guiounos con moi bo humor e amabilidade. Foi unha tarde inesquecible!!!

Onte día 7 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, Antón Ke, presentando “A Gaita Galega”.


Actividade baseada na obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos, na que por medio dun conto adaptado da obra e poemas musicados ao ukelele reflexionou cos cativos sobre a importancia do uso da nosa lingua.
Na Biblioteca Municipal de Dorneda aconteceu un obradoiro “Da árbore ao libro” da man de Cuarto de inverno, o día 6 de outubro ás 17:30 h., no que nenos e nenas disfrutaron confeccionando un libro partindo de cero, coa súa cuberta e libriño debidamente decorados. Martín, o monitor encargado da actividade, explicoulles a todos, con anterioridade, un pouco a historia de cómo se fai un libro e de tódolos responsables do proceso. Os rapaces quedaron contentos co resultado e entenderon moi ben a explicación de Martín. Todos se foron felices para casa despois de pasar un anaco educativo, divertido e agradable.


As asistentes fixeron figuras decorativas con luz sobre distintas superficies, aprenderon a contar a súa historia con varias tecnoloxías (leds, electroluminiscencia e video mapping) e puideron deseñar traxes “intelixentes” (wereables) con sensores e luces.
Obradoiro impartido por Silvia Rábade, de “Escuchando elefantes”, no que creamos unha morea de receitas inspiradas en libros, música… e ao mesmo tempo moi nutritivas e saudables.


O martes, 30 de setembro, Ramón ensinounos a crear os nosos propios xogos malabares. Pasámolo moi ben e descubrimos que é unha actividade que, ademais de ser moi divertida, fomenta a paciencia, a superación persoal e promove a socialización.

Ata a bibllioteca pública municipal de Guitiriz acheoguse Lorena de Biophilia Axencia Ambiental a falarnos das bondades da cosmética e limpeza ecolóxicas.
As persoas participantes aprenderon de primeira man de que están feitos os produtos cos que limpas a casa e o teu corpo, así como os seus efectos sobre a saúde e o ambiente.
E tamén descubriron as alternativas naturais que podes encontrar no mercado e como facelas na casa.

O pasado martes 23 de setembro fixemos o obradoiro de monicreques con Gemola. Nel, a cativada fixo a cabeza dun león con cartón e follas, e un ouricio chamado Mauricio cunha pataca e pipas. Pasárono xenial!
A Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 22 de setembro o obradoiro “Olimpiada tecnolóxica” da man do artista Robótica creativa. Os nenos e nenas participantes tiveron que deseñar a figura dun coche con pezas de Lego con motor incluido para logo facer carreiras e facer que se movera. Destacou a imaxinación dos rapaces que non se esqueceron de poñerlle adornos ós vehículos con bandeiras e bonecos. A diversión estivo asegurada.





Séguenos