Obradoiro ” Tortilla de ovos de conto”


O venres 11, aprendimos como facer dende cero un títere de calcetín. Dunha maneira áxil e fácil, e seguindo os pasos os resultados foron espectaculares. Diversión e creatividade para grandes e pequenos

Obradoiro de títeres de calcetín de Galitoon na Biblioteca dos Tilos-Teo

OQO Editora estivo onte en Ourol co seu obradoiro “Coas mans na masa” . Os rapaces e rapazas traballaron co álbum “Maruxa” e coñeceron os segredos para preparan un bo pan, pero non para ir ó forno senon para dar forma a novos personaxes e crear novas escenas do conto.
O xoves 3 de xullo na Biblioteca Municipal “Luís Seoane” de Soutomaior, a compañía Galitoon ofreceu un obradoiro familiar onde os calcetíns foron os nosos protagonistas, e unha vez decorados puxeronse a contar historias.
Un obradoiro moi dinámico e de gran éxito onde os menores de 6 anos estaban acompañados dunha persoa adulta. Chisco, ensinounos a reciclar eses calcetíns que quedan soltos na lavadora dun xeito lúdico e participativo. 


O xoves 26 de xuño na Biblioteca Municipal “Luís Seoane” de Soutomaior tivemos un obradoiro moi animado, cun galiñeiro que encheuse dos personaxes preferidos de cada participante feitos en pasta de papel.
Un obradoiro familiar onde os rapaces menores de 6 anos estiveron acompañados dunha persoa adulta, o éxito foi enorme e os participantes agradeceron a creatividade de Electra.



Hoxe 20 de xuño, tivemos un fin de curso moi especial na biblioteca.Un obradoiro moi creativo, Maderacos. Ata a próxima Sofia!

Na Biblioteca de Foz levamos a cabo unha actividade de lettering que tanto éxito xera na rapazada. Este ano para conmemorar as nosas letras galegas contamos coa actividade “Lettering co cancioneiropopular galego” da man de Velaísca. Os nenos e nenas participantes somerxéronse nas cantigas tradicionais a través da arte creativa do lettering, dándolle cor e forma aos cantares galegos. Para iso apoiáronse en libros presentes na biblioteca coa temática do cancioneiro galego, en especial no libro “Sei cantar e sei bailar” publicado este ano para homenaxear ás cantareiras.
Dentr
o da programación do mes dos libros e das letras tivemos a sorte de contar coa presencia de Gemola que inundou a biblioteca dunha marabillosa enerxía co obradoiro de monicreques. A picaraxada pasou unha tarde moi entretida elaborando un cabaliño de cartón con elementos de papel e arte natural.
A compañía de monicreques Galitoons ofreceunos un entretido e creativo obradoiro de construción de monicreques de calcetín. Nenas e adultos aprenderon xuntos a crear simpáticos títeres partindo de calcetíns, pelotas de ping pong, fieltro, escuma, goma EVA e fíos de la. Despois da confección dos monicreques, Chisco, que dirixiu o obradoiro, ensinoulles a manipular as personaxes que cada participante creou. Incluso, todas xuntas, títeres e “titiriteiras” cantaron unha canción.
Seguro que agora nas casas a creatividade continúa con historias que representarán os monicreques creados na Biblioteca de Carral.

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada e os/as residentes do Centro de Día e Fogar Residencial do Concello de Carballedo para realizaron a actividade conxunta titulada “LETTERING CO CANCIONEIRO GALEGO” a cargo de Velaísca, coa que poideron compartir ideas e recordar cantigas o Cancioneiro Popular Galego.



Séguenos