Obradoiro creativo na Biblioteca de Chapela para festexar o Día do Libro

A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrou o Día do Libro coa rapazada, a través do obradoiro creativo: «Contos en construción».
Unha proposta do grupo Costa Oeste que xoga a misturar contos clásicos, arquitectura e xogo espacial.
Unha actividade que parte do conto dos Tres Porquiños e lanzando a proposta aos participantes para que sexan quen de idear e proxectar as construcións necesarias para eses cochiños que xa afrontan a emancipación e a vida adulta.
Nenos e nenas participantes deixáronnos moi sorprendidos pola súa creatividade e por proxectar solucións moi orixinais e divertidas para as vivendas destes marranchos tan singulares.
+ INFO: https://redondela.gal/es/un-dia-do-libro-redondo-nas-bibliotecas-municipais


Contacontos no que viaxamos as Américas con Castelao













Séguenos