Santy Gutiérrez co obradoiro Debuxa o teu conto ilustrado, na biblioteca de Meicende “Antón Castro” – RMB de Arteixo
O mércores, 11 de outubro cada participante debuxou, a lapis, un conto en seis viñetas.
O mércores, 11 de outubro cada participante debuxou, a lapis, un conto en seis viñetas.
Nesta actividade os nenos e nenas crearon todo tipo de bonecos con distintos elementos naturais como landras, bugallos , millo cos seus follatos, frores, follas das árbores ….
Con estes persoaxes xogaron realizando pequenas obras de teatro en grupos que logo representaron coa colaboración entusiasta de moitos pais e as boas indicacións de Marta de A Naturoteca.
Foi unha sesión moi divertida.
Esta semana visitounos a Nube de Artear co seu obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”, onde os participanetes puideron
iniciarse no mundo da programación e a robótica a partir de pezas de lego e pequenos robots programables. Toda unha gran aprendizaxe para eles e moi divertida.
Moita maxia, divertimento e animación infantil, tivemos e Valadouro, coa actuación do Mago Paco. Con un patio de butacas ateigado con pais e moitísimos neno/as na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, o Mago Paco foi desenvolvendo sorprendentes trucos e interactuando con moitos cativos que colaboraron en escea, desatando as gargalladas de todos os presentes. Unha actuación que durou hora e media e fíxose realmente corta chea de animación, música e maxia divertida.
Onte, as nenas e nenos de Oleiros tiveron unha interesante e divertida tarde de xoves co obradoiro Robótica educativa.
Traballon en grupos montando caracois e muíños de arrefriamento con son, luces e movemento!
Actividade superparticipativa!
Os rapaces construiron o seu primeiro vehículo autónomo ou robot, fixeron unha carreira e participaron nun concurso de creatividade.
Obradoiro co método Zentangle no que un grupo de maiores, necesitados de estimulación terapéutica, decoraron un poema desenvolvendo, por medio desta técnica, a súa creatividade, a tranquilidade interior e a concentración.
Un ano máis, decidímonos por un obradoiro con este método como instrumento, pois é sinónimo de calidade á vez que de magníficos resultados conseguidos a través das diferentes propostas. Ademáis do nomeado anteriormente ( a creatividade, a relaxación, a concentración ) os participantes ven aumentada a súa autoestima ante as obras resultantes.
Magnífica actividade dirixida, con calidez e profesionalidade, por Elisabeth Hillerud (Zengoala)
Elisabet Hillerud achegou ao alumnado do Ies Poeta Díaz Castro o obradoiro “Poema zen para a igualdade” no que se utilizou o método Zentangle, decorando un poema sobre a igualdade entre homes e mulleres e creando unhaa concienciación de non violencia. Zentangle crea belas imaxes e fomenta a paz interior e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.Sen ter coñecementos previos de debuxo.
Este luns 2 de Outubro a rapazada da Biblioteca Municipal de Dorneda participou nunha emocionante escape room. A monitora, Antía Yáñez, transformou a nosa sala infantil na escena dun crime: un cadáver, pistas, candados, quebracabezas e posibles sospeitosos. O equipo investigador tivo 60 minutos para atopar as pistas, resolver o caso e descubrir ao asasino.
Séguenos