“APRENDENDO SOBRE BIOTECNOLOXÍA”

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o pasado sábado a sesión de contos e obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad. Un grupo de rapaces acudiron á actividade para aprender a contar con sombras chinescas. Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas.
O sábado 25 de marzo tivo lugar na Biblioteca Municipal do Grove o obradoiro”Audicontos” a cargo de CreAppcontos e dirixido á rapazada a partir de 6 anos.

Os asistentes aprenderon a utilizar Tablets e Apps para crear os seus propios contos , con audios e coa posibilidade de engandir a súa propia voz, explorando as novas Tecnoloxias Emerxentes.

Unha vez rematados os contos, todos os participantes realizaron unha exposición para os seus familiares, compartindo historias e lecturas nunha fantástica tarde de sábado.

Esta actividade facilita e estimula o desenvolvemento d@ nen@ a nivel emocional, intelectual e social. Promove a creatividade, a imaxinación, o galego e a fala dende os novas tecnoloxías
O sábado 11 de marzo, ao longo dunha sesión longa, os mozos e mozas achegáronse a xogos e dinámicas de improvisación para crear contos e historias. Fíxérono dun xeito lúdico, divertido e creativo, que suscitou grande interese e atractivo desde o comezo entre a mocidade.
Asistiron 20 mozas e mozos. O obradoiro continuará o día 18 e está previsto realizar na festa do teatro do venres 31 de marzo unha improvisación teatral e creación de novos contos para o público asistente.

“O meu pesadelo favorito”
María Lires na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés no Día da Ilustración.
Obradoiro creativo coa ilustradora onde 20 nenas e nenos de 4 a 10 anos participaron activamente do Día da Ilustración. En conxunto, a actividade resultou bastante interesante cunha valoración positiva da ilustradora.
Das observacións dos pais teremos que cambiar o espazo de realización, porque había moito barullo e a idade dos participantes, que debería ser máis uniforme.
Visita o noso blog da sala infantil: BLOGGIT
Coñecendo a Joan Miró e ao Surrealismo, pero tamén achegándose ás historias clásicas de Andersen, os cativos e cativas que participaron onte nesta actividade non esquecerán esta tarde tan divertida.

Grazas a Tarabelos pola súa magnífica proposta literaria e artística para a rapazada de Chapela.

E, por suposto, unha boa actividade artística, anima aos lectores a achegarse aos libros de arte. Aquí volos presenta a biblioteca!

VER MÁIS NO NOSO BLOG:http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/10/a-biblioteca-de-chapela-celebra-con.html

O día 25 de outubro, Nita presentou a “CIENCIA DIVERTIDA” na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, facendo misturas con cousas caseiras contando coa participación entusiasta dos nenos que disfrutaron descubrindo a ciencia e os relatos.
O xoves 20 tivo lugar na nosa biblioteca a realización dun obradoiro onde os nenos a partir de pequenos obxetos cotiáns foron construindo un pequeno conto. Os rapaces eran alumnos de terceiro de primaria do CEIP Cabo de Area de laxe e respostaron moi ben os estímulos dos monitores.

O Sábado 22 de Outubro para celebrar o día da Biblioteca tivemos a actividade “Arte nos libros – Luis Seoane” impartido por Crearte Servizos Culturais dentro do programa Ler conta moito.
Primeiro mediante imaxes proxectadas e despois cunha manualidade aprenderon cousas sobre Luis Seoane

O venres, 21 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros) o obradoiro COAS MANS NA MASA da man da editorial OQO.
A partir da lectura do conto Maruxa (texto de Eva Mejuto, a partir dunha canción tradicional polaca) as nenas e os nenos pasárono estupendamente creando con masa de pan as personaxes do conto. Os cativos amasaron, moldearon e pintaron a Maruxa e a Pepiño en diferentes situacións e o resultado foi unha explosión de imaxinación, cor e moitas risas.





Séguenos