
dESPOIS 
O martes, 16 de maio, a Editorial OQO realizou o seu obradoiro “Coas mans na masa”.
A partir da lectura do conto “Maruxa“, @s nen@s pasárono estupendamente facendo os personaxes con masa de pan. Os cativos amasaron, moldearon e pintaron a Maruxa e a Pepiño. O resultado foi unha explosión de imaxinación e cores.
Actividade moi recomendable.

Acabamos de rematar a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 adicado ao autor CARLOS CASARES coa estupendísima actuación de Cris De Caldas co seu espectáculo de narración oral “A galiña azul e compañía” e o posterior obradoiro de marcapáxinas.
Tivemos de invitados a esta actividade aos alumnos de 1º e 2º de Primaria de CPI “Curros Enríquez” de Pazos e a algúns dos alumnos de Asociación Aspavi.
Cris de Caldas explicoulle aos nenos dunha forma moi amena algunhas etapas e curiosidades da vida e obra do autor Carlos Casares e do significado da celebración do Día das Letras Galegas.
A galiña azul estivo moi ben acompañada, de xeito que tivemos a oportunidade de coñecer outras obras de Casares e algúns contos tradicionais.
Despois da sesión de contos desenvolveuse un obradoiro de marcapáxinas da galiña azul cos asistentes á actividade.
Aquí vos deixo unha fotos da excelente actuación de Cris De Caldas para que vexades a estupenda mañá que pasamos.
Ahí van…
Do taller de Anxo Fariña, a Biblioteca Municipal de Sada ten un novo vinilo.
Este ano volveu a ser elexido o escritor Antoine de Saint-Exupéry e a súa obra O principiño

Día 5 de maio de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día das Letras Galegas (17 de maio) e en vista dos certames de debuxo e narración que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017) atopamos algunhas ideas sobre o mundo que queremos con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Solidariedade Internacional de Galicia
o 5 de maio, ás 17:00 na sala infantil
Empezamos buscando no globo terráqueo onde estamos nós e a onde se foi Irene nas súas múltiples viaxes. E detivémonos na parte máis oriental do mar Mediterráneo.

Vimos numerosas fotos das paisaxes, as xentes e a cultura nesa parte do mundo. 
Tamén escoitamos a súa música, interpretamos algún dos seus bailes tradicionais e ulimos as súas especias (algunhas non nos gustaron nada seguramente porque non estamos acostumados).
Buscamos nun atlas onde está o Mar Morto e descobrimos por que se chama así e por que se nadas nel non afundes, e disque ata podes ler un libro se te tumbas na auga porque flotas!

Rematamos coñecendo a historia do Corvo Branco, que devolveu as estrelas, o sol e a lúa ó ceo que vemos todos os días.
Despedímonos facendo debuxando un mundo mellorado.
Raquel, en representación de OQO Editora, achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o Obradoiro gastronómico-literario “Coas mans na masa” dirixido á rapazada de 6 a 10 anos.

Que ocorre candomesturamos os contos e a cociña? Pois que contamos coas mans na masa!

A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer pan, nesta actividade desenvolveuse un workshop creativo ondea rapazada asistente fixo as personaxes do conto…con masa de pan.







Para rematar as actividades programadas arredor da data do “Día do Libro”, contamos hoxe na biblioteca coa actividade “Á escena contos!”. A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é o que se fixo nesta actividade de “Ler conta Moito” . 16 nenos dos últimos cursos de primaria, dos colexios Manuel Respino e Pablo VI-Fátima crearon un pequeno espectáculo audiovisual a partir dunha historia: os personaxes, escenario, música, e o mellor de todo levaron a escena o conto de “monstros” para todos os compañeiros. O resultado quedou moi gracioso. Os nenos aprenderon a preparar unha historia e contala, para deste xeito poder repetir a experiencia cando, como e onde queiran, só precisan de dúas ferramentas: a creatividade e unha historia!
Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recordando a figura dunha das artistas máis sobranceiras da vangarda artística do surrealismo español, a galega Maruja Mallo.
Fixemos un taller da man de Jose Luis Cousillas García, de Crearte Servizos Culturais, coa figura de Maruja como fío condutor, e como a arte, e sobre todo a arte surrealista, tamén está recollida e representada nos libros.
A vida de Maruja Mallo está chea de grandes aventuras, viaxes, as amizades que mantivo con por exemplo Dalí, Miró, etc… Unha muller afoutada, sen límites para a súa libertade, e que defendía o papel da muller en todos os ámbitos da vida. E con moita sorpresa e ledicia comprobamos o grande coñecemento que os participantes tiñan dela.
A parte artística, logo de repasar a súa obra e de falar dos temas que lle gustaban, as paletas empregadas, e as composicións das súas obras, consistíu en afondar nese imaxinario coa interpretación propia de cada neno. Uns artistas!!, e un bó comezo para rematar na casa e adornar a habitación de cada quen.
O sábado celebramos o día do libro na BPM coa actividade “A ciencia é divertida”. Experimentos sinxelos e contos para os máis pequenos que o pasaron en grande experimentando por eles mesmos e descubrindo cousas moi interesantes. 



Trátase de que cada participante realice a súa propia páxina de cómic, disfrute debuxando e aprenda os recursos de expresión do cómic.
Excelente obradoiro o impartido o 21 de abril por Santy Gutiérrez, onde intercala teoría e práctica a medida que vai artillando a páxina. Desenvolve a actividade dunha maneira moi didáctica, pois partindo dunha práctica real, vainos achegando á linguaxe do cómic.
Comeza facendo un paralelismo coa linguaxe do cinema que vai comparando coa linguaxe do cómic.
Reparte aos participantes un folio cunha historia situada no ano 1367 que haberá que convertir nunha páxina de cómic. Hai un guión literario e un guión técnico, co que debe ir en cada viñeta. Cada mozo/a haberá que ir seguindo este guión.
Unha vez lido o texto, debemos centrarnos no deseño dos personaxes, fixarnos nas súas características e mantelas ao longo das viñetas, tendo en conta a época na que se desenvolve o texto.
Sinala a importancia da distribución de cada viñeta. Primeiro situar os textos e encerralos en “bocadillos”. Vai aproveitando para comentar os diferentes tipos de bocadillos, dependendo de cada situación, as onomatopeias, os diferentes planos…
Obradoiro eminentemente participativo e sen dúbida moi recomendable.


Séguenos