
Neste obradoiro práctico creamos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñecimos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. E xa comprobamos da man de Guitián que non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).

O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, estivo na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro, dirixido a rapaces de 7 a 15 anos, forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Este luns 8 de agosto tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar co ilusrador Xosé Tomás que impartiu o Obradoiro de banda deseñada Coñécete a través dos cuadriños
As persoas asistentes crearon durante dúas horas persoaxes baseados no seu entorno, inventando guións sobre a súa vida e contando a súa propia historia entre as viñetas.
Obradoiro creativo cos pelelliños. Un obradoiro para coñecer estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños. Cunha chea de debuxos e risas, viaxando ao mundo dos pelelliños.





O mércores 20 de xullo e da man de Maumarela os rapaces e rapazas das Pontes aprenderon moitas cousas sobre os dinosaurios. Ademais crearon o seu propio fósil.
Celebramos un obradoiro de creatividade con Olga Abad, no que ademáis a narración oral estivo moi presente.

Pais e nais, xunto con Olga e todos colaborando para dar a coñecer ás novas xeracións a máis antiga narración oral galega.

Para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Con iste obradoiro rematamos as nosas actividades do programa Ler Conta Moito

Para máis información sobre este evento, clicar aquí.
Na mañá do luns 4 de xullo, as bibliotecas de Cambados inauguraron a tempada de verán cunha divertida actividade de achegamento á ciencia para os máis pequenos da casa.
Grazas a Ler conta Moito e Ana Romero, que nos trouxo ao centro Exposalnés unha manchea de divertidos contacontos que enlazaban interesantes experimentos con cousas tan cotiás como a auga, o aceite, o bicarbonato sódico, luces de neón… pasamos unha entretida mañá tal que como amosan as imaxes…

O martes día 14 de xuño, Nita deleitounos con dous obradoiros de ciencias: un para nen@s de 3 a 6 anos e outro para nen@s de 7 e 8 anos.
Unha mestura de contos e de experimentos científicos moi sinxelos e divertidos.




Tod@s quedaron encantad@s e moi sorprendid@s !!!!




Actividade moi recomendable, tanto polos contidos como pola forma de divulgar coñecementos divertíndose e empregando moitas cousas que temos na casa.
Día 3 de xuño de 2016 ás 18:30, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día dos Océanos (8 de xuño), a poucos días de comezar o verán, o bo tempo, a calor e as vacacións, mergullámonos nun mundo de historias!
Presentamos unha nova actividade do catálogo de actividades Ler conta moito:
da man de Andrea “Dos Piñeiriños”
o 3 de xuño, ás 18:30 na sala infantil
Escoitamos e gozamos cun conxunto de historias que nos convidaron a explorar o mundo das emocións da man de Roberta, que que traslada a vivir nunha nova granxa e comeza a escola nunha nova vila onde non tén aínda amigos.

Identificando sons da natureza, da granxa, e cantandos e bailandos con Roberta para aprender os números, pasóusenos axiña o tempo.
Ó rematar, entregamos os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016, e nas sucesivas semanas planificamos varios obradoiros para celebrar o Día dos Océanos.


Séguenos