Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños. XOSÉ TOMÁS na Biblioteca Central de Cambre


Continuando coas actividades especiais do Mes dos Libros, e dentro do noso programa ABRILUSTRADO, o venres 24 de abril contamos con Xosé Tomás que nos veu falar e facer banda deseñada. Nesta ocasión asistiu o alumnado de 3º C do IES David Buján de Cambre.
Xosé Tomás introdúcenos no mundo da banda deseñada, comezando pola palabra que o define, buscando o seu significado e as distintas acepcións nas diferentes línguas. Fai un percorrido histórico dando a coñecer á vez a súa propia linguaxe: liñas cinéticas, a importancia dos silencios, as viñetas e as súas variadas formas, os globos ou bocadillos, a elipse, os planos…
Unha actividade moi ben valorada polos asistentes e Xosé Tomás excelente, coma sempre.









Co gallo da celebración do Día do Libro, na Biblioteca de O Carballiño tivo lugar a actividade “Pan e auga? Sopas!!! da compañía Xandobela. Dita actividade consta de dúas partes:









Tarde de ledicia e cociña na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as disfrutaron co contacontos e as receitas de Antón e Tomasa



Séguenos