Zentagle na Biblioteca Municipal de Poio
O venres 20 véspera do Día Internacional da Paz, desfrutamos dun obradoiro de Zentagle.Debuxamos unha pomba da paz coa técnica zentagle.
O venres 20 véspera do Día Internacional da Paz, desfrutamos dun obradoiro de Zentagle.Debuxamos unha pomba da paz coa técnica zentagle.
O xoves 19, tivemos na biblioteca a visita de Laura Alonso, que amosou como facer unha pequena peza en Stop Motion a partir de debuxos da rapazada que veu probar as súas dotes artísticas. Unha divertida maneira de aprender un pouco máis sobre o mundo da animación.

O pasado sábado 14 de setembro ás 18:00 horas realizaouse o obradoiro con lixo mariño de Alivavá na sala Valle-Inclán da biblioteca municipal. Este iniciouse cunha charla sobre a incidencia negativa dos plásticos no medioambiente e nos seres vivos. A continuación, afondouse neste problema a través dun obradoiro no que se traballou con lixo mariño atopado na Costa da Morte. As participantes desenvolveron as súas habilidades creativas utilizando o refugallo, xa limpo e preparado, que se puxo á súa disposición. Seguindo unha temática adaptada á contorna , empregáronse pistolas de silicona e pinturas coas que as participantes elaboraron as súas propias pezas artísticas, nun proceso de transformación do lixo en arte. A actividade tiña como obxectivo a concienciación medioambiental por medio da creatividade.

Durante a fin de semana do 7 e 8 de setembro a Biblioteca de Betanzos organizou o primeiro FESTIBAM, unha finde chea de actividades na BAM (Biblioteca, Arquivo, Museo) Betanzos, cas actividades de Ler Conta Moito e con actividades no Museo das Mariñas co que compartimos instalacións: visitas guiadas, feira de artesáns e artistas locais, xogos, etc.
Na Biblioteca celebráronse as seguintes tres actividades por conta do programa Ler Conta Moito:
1.- Cantoconto Contocanto, de Maquinarias Teatro, orientado a maiores de 5 anos.
2.- Obradoiro de elaboración de emakis, dentro da proposta de Juste Kamishibai, para maiores de 6 anos.
3.- Obradoiro de imprenta, por 1mardecores, para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
As tres actividades foron un éxito de público e foron moi ben valoradas.

Obradoiro de Maxia con Pedro Bugarín, no concello de Lobios, celebrado o dia 5 de agosto ás 20.00 horas. Onde os asistentes puideron facer maxia eles mesmos. Os xogos realizaranse con obxetos cotiás e sinxelos de atopar.

DEIXA O MOBIL E DEBUXA!!

A través do Obradoiro creativo “Deixa o mobil e debuxa!!”, os rapaces de Parada de Sil pasaron unha agradable maña lexos das novas tecnoloxias, debuxando e creando momentos, que desarrollan a súa creatividade e o traballo en equipo mediante a creación dun mural colectivo (ademáis dos seus particulares).


O dí a 7 de agosto de 2024 tivemos na bibioteca municipal de Arbo “Segundo Gil Dávila” a visita da compañía creativa Un mar de Cores, co obradoiro de ilustracións creativas “Laboratorio de personaxes. As historias mellor contadas son as nosas”. Este interesante obradoiro consistiu en mostrar aos cativos e cativas de Arbo a importancia da creatividade, así como a importancia de saber compartir, xa que os cativos e cativas tiveron a oportunidade de debuxar os seus propios contos con personaxes creados por eles mesmos de xeito comunitario, de maneira que cada neno e nena ía debuxando unha parte do mesmo, e ninguén tiña o conto en propieade, fomentando e pondo en valor o respeito polos obxetos comunitarios. Tamén lles foron contadas diversas historias de personaxes moi coñecidos pero cun toque personal e diferenciador co fin de manter a atención e facer reflexionar aos nenos e nenas. As temáticas da emigración galega na américa e a ecoloxía foron transversais no decorrer da actividade. Nesta actividade participaron 22 nenos de entre 9 e 12 anos e 3 adultos.
Onte levouse a cabo un emocionante obradoiro de robótica creativa no concello de Portas, onde os nenos e nenas mergulláronse no fascinante mundo da tecnoloxía de maneira divertida e educativa. Durante a actividade, os participantes tiveron a oportunidade de crear o seu propio circuíto eléctrico usando un enfoque creativo: debuxaron o deseño do circuíto coas súas propias mans! A maxia xurdiu cando, ao completar o circuíto, unha pequena luz acendeuse, enchendo de asombro e satisfacción aos pequenos inventores. Este tipo de actividades non só estimulan a imaxinación e o pensamento lóxico, senón que tamén achegan aos máis novos á aprendizaxe da tecnoloxía dunha maneira práctica e lúdica.
📢 Que ben o pasamos na actividade de Stop Motion! 🎬✨
A pasada fin de semana, a nosa biblioteca encheuse de creatividade e innovación coa actividade de Stop Motion.
A rapazada fixo equipo para aprender e pasalo de medo co fascinante mundo da animación. Coa guía dunha experta, os participantes lograron dar vida ás súas propias historias, combinando tecnoloxía e imaxinación en cada curta.
Estamos emocionados de seguir ofrecendo máis eventos na nosa biblioteca. 📚💡
PRÓXIMA ACTIVIDADE
CONTA CONTOS CON PAULA CARBALLEIRA.
3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos.
Lugar: Biblioteca Municipal de Barro
Data: 14/09/2024
Hora: 12:00
Sábados na Biblioteca.
Ler conta moito.
Biblioteca Barro.
No día de onte Alba Ibañez Farto achegouse ata a bilbioteca pública municipal para impartir o taller “Debuxar as Letras” un taller de iniciación ao mundo do lettering.
Preto de 40 nenos e nenas do campamento de verán Concilia 2024 podeiron disfrutar da actividade.
Deron os primeiros pasos na técnica do lettering debuxaron letras con pincel, tinta, rotuladores,… cada participante creou a súa propia obra. Traballaron a creatividade, a relaxación e a concentración.



Séguenos