
Onte, na biblioteca de Monterroso con motivo das festas patronais,tivemos unha tarde moi divertida con Ana Meilán.
Contounos un dos seus contos: Bágoas debaixo da cama. Aprendemos que é normal que choremos tanto de alegría como de tristeza.

Onte, na biblioteca de Monterroso con motivo das festas patronais,tivemos unha tarde moi divertida con Ana Meilán.
Contounos un dos seus contos: Bágoas debaixo da cama. Aprendemos que é normal que choremos tanto de alegría como de tristeza.
Onte 26 de setembro, tivemos a ocasión de desfrutar da maga sargantana que mesturou contos con maxia, dos contos rescatanse valores tan importantes como o amor, a amizade, solidaridade,amor, compartir….. .Un espectáculo moi activo e participativo cheo de enerxía. As persoas do público forman parte do espectaculo.


O Concello de Carballeda de Avia,a través
da súa Biblioteca Municipal,participa no programa “Ler Conta Moito” co que se dinamiza a lectura a través de diversas actividades.
Este venres disfrutamos da obra “CHOCOLATE” da man do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa da compañía Teatro Calavera.
Os cativos e non tan cativos disfrutaron coas súas aloucadas aventuras.
Para rematar elaborouse un postre saudable de froitas con chocolate , que foi do gusto de todos.


O xoves 26 de setembro, realizouse un obradoiro en figuras luminosas na biblioteca. As nenas e nenos debuxaron con temática libre empregando ceras, lapiceiros e cartón seguido da elaboración dun circuíto con pilas, cobre e luces, xuntando ambos e tratando a electricidade desde un punto de vista creativo.
Todas e todos gozaron coa experiencia de ver as súas creacións iluminadas con led.
Na tarde do xoves 26, tivemos a sorte de contar con Fran Campos para amenizar a tarde con música e contadas que fixeron as delicias dos participantes. Tanto a rapazada como as persoas adultas puideron gozar con “Filipa” e as súas historias. A música, a través da guitarra tamén foi unha parte fundamental da actuación. Ao final do evento nenos e nenas solicitaron de Fran unha foto con “Filipa” para ter un recordo. Todas as persoas asistentes gozaron da actividade e pasaron unha tarde divertida.

Foi o mércores 29 de setembro, ás 1800 h, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán: Contacontos O xogo de Nano, por Raquel Queizás.


O mércores, 25 de setembro asistimos ao espectáculo de maxia co que nos deleitou o Mago Teto, un espectáculo axeitado para as idades dos/as nenos/as que nos acompañaron.
Vimos maxia chea de soños, diversión e fantasia divertindo a toda a cativada que asistiu, pero tamén os pais e nais que saíron como voluntarios para facer de axudantes e que desfrutárono moito.
Miguel Cortes adaptou a papiroflexia para as persoas con problemas cognitivos. A actividade que se fixo en colaboración coa asociación local de enfermos de alzheimer, Afaber, tiña como obxectivo axudar a estas persoas a manter e mellorar as funciones cognitivas, como a memoria, a atención e a capacidade de planificación. O seguimento dunha serie de pasos na creación das figuras axudanlle a estimular áreas do cerebro relacionadas coa motricidade e a percepción.
Foi un bonito día de traballo agradable.
Grazas a todos os participantes.


O 25 de setembro visitounos Pablísimo coa súa bici, que viña cargada de obxectos cos que deu vida a contos de diferentes países.
En toda a actividade as persoas asistentes tiveron moita participación e divertimento.
O Mago Paco visitou a biblioteca para traer a súa maxia diferente ao colectivo de ASPROMOR resultando unha mañá moi divertida.



Séguenos