A Biblioteca de Cee celebra o Día do Libro


Este luns 22 de abril pequen@s e maiores puideron gozar do “Menú máxico de contos” de Cris de Caldas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, xusto ao carón da biblioteca provisional municipal de Bueu. Neste contacontos houbo adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce, contos diversamente necesarios e outros contados a baixa temperatura. Que ben o pasaron!


Mañán maravillosa a que pasaron os nosos rapaces do colexio de Sada e Contornos. Un día distinto pero cheo de aprendizaxe.
Aprendieron a facer un cómic, as súas pautas e a debuxar.
Obradoiro máis que recomendable. Santy Gutiérrez, estupendo

“ABRIL DE CONTOS”, o martes 16 de abril iniciamos na Biblioteca de Cela o programa “Ler conta moito” e fixémolo cun contacontos moi especial no que Anxo Moure deleitou á cativada con historias arredor dos bosques, da natureza e das bibliotecas.O venres 19 de abril tivemos na Biblioteca Municipal do Grove a Bea Campos (Migallas) con contacontos para bebés “Cinco ratiños de conto”
Os nosos pequenos cos seus acompañantes escoitaron divertidas historias de animais e cantaron durante todo o contacontos. Contos como “A que sabe a lúa’”, “Polo camiño e moitos mais fixeron as delicias dos mais pequenos. A utilizacións de sons e texturas captaron a atención dos mais pequenos, facendo da tarde do venres un momento divertido para gozar en familia. 


O venres día 19, dentro da nosa programación para celebrar o día do libro, tivemos un escape room na nosa biblioteca Miguel González Garcés. Os 24 participantes estaban agrupados en 4 equipos e tiveron que ir descubrindo as distintas pistas que había agochadas nos libros da sala infantil para chegar a construir un libro con corazón entre todos.


O pasado venres recibimos na ALM de Buxantes, Dumbría, a Alba Farto coa actividade Debuxar Letras, dentro do Ler Conta Moito da RBPG.
Unha actividade moi demandada e valorada polos asistentes.
Introdución ao mundo do lettering con explicacións moi didácticas e dinámicas. Desde a práctica todas as persoas asistentes participaron moi activamente.

Esta foi unha das actividades coas que estamos a celebrar a programación do Día do Libro. O venres 20 de abril 12 rapaces e rapazas do Milladoiro deron renda solta a súa imaxinación e crearon unhas orixinais ilustracións coas que crearon despois a súa propia caixa de luz. Cada participante levou para a súa casa a súa obra. Todas moi orixinais!! Pasámolo en grande con Carlos da Asociación Cultural Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic .


Este sábado día 20 de abril dentro da programación do Día do Libro, 9 rapazas de Bertamiráns fixeron neste obradoiro da Asociación Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic a súa propia caixa de luz coas ilustracións dos seus contos preferidos.




O domingo pola mañá achegámonos á Biblioteca da Laracha para desfrutar de O xogo de Nano, un contacontos para bebés de Raquel Queizás.
O espectáculo foi realmente inspirador, Raquel conta as súas historias de xeito dinámico, cercano e dende a xestualidade. Unha proposta moi coidada e medida para bebés na que tamén desfrutan as familias!


Séguenos