Cris de Caldas na Biblioteca de Portonovo


A Ratiña Faifá, fixo desfrutar ós m
áis cativos de contos con exercicios de ximnasia.
Tamén descubriron as nosas emocións.
Un rato moi dulce e entretenido para os nosos pequenos
O venres 31 de maio tivemos na Biblioteca do Grove o escape room “Plan de rescate” baseado na novela de Antia Yañez. Esa tarde tivemos un pequeno problema, xa que desapareceran un grupo de usuarios da biblioteca. Tiñamos que atopalos antes de que pechara a biblioteca e para iso deberiamos estar moi atentos as pistas que se foran deixando. Tarde divertida na que o inxenio, pilleria e creatividades fixeron que puidesemos saír da biblioteca e rescatar aos usuarios.
Celebramos o Dia do Libro con nenos do CRA Amencer que visitaron a exposición bibliográfica “SOS Océano” e asistiron a un contacontos de Teatro Calavera titulado “Animaladas”, relacionado co Proxecto que estamos a levar a cabo este ano sobre a Axenda 2030 e os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.





Asistentes a primeria sesión de Mares de Letras.
Para conmemorar o día das nosas Letras, contamos o día 15 de maio ca actuación do grupo A RunRun, representando a obra didáctica familiar “Museo Luisa Villalta”; unha maneira moi moi pero que moi divertida de achegarnos á figura da polifacética Luísa Villalta, homenaxeada este ano.
Maiores e rapazada desfrutaron dunha actividade familiar, didáctica e moi divertida, aprendendo, cantando e bailando os ditos polulares e cantares da nosa terra, da man de “Bibliocanta”
Interesante actividade onde os rapaces e rapazas desfrutaron e experimentaron co mundo da robótica

O venres 31 de xuño coñecimos da man de Cachirulo as aventuras de Alicia no País das Maravillas, un espectáculo con monicreques que adapta o clásico de Lewis Carroll apto para todos os públicos. Humor e fantasía para pasalo en grande.


Séguenos