Mes das letras

Seguimos ca celebración do Mes das Letras; Inacio Vilariño fíxonos reir con historias de burros

Seguimos ca celebración do Mes das Letras; Inacio Vilariño fíxonos reir con historias de burros

O pasado venres 19 de abril, 30 nenas e nenos coas súas respectivas familias, xuntáronse na Biblioteca da Laracha para desfrutar das historias de María da Pontragha.
Estrebillando é unha proposta para toda a familia, que funciona moi ben coa cativada máis pequena. A proposta aposta pola participación, pola lingua e pola música e o canto como fío conductor. María entende moi ben como conectar cos públicos e como adaptar os ritmos da sesión en función da participación da cativada alí presente.
Unha tarde de venres moi emocionante!


O pasado xoves 18 Sarabela Teatro visitou As Pontes para ofrecerlles aos nenos e nenas pontesas o seu contacontos O lapis de Martín. A rapazada participou da contada e ata inventamos algunha que outra palabra nova que lle regalamos a Sabela para que Martín a leve polo mundo adiante. Pasámolo moi ben!
Este mércores, 17 de abril, pola mañan na Axencia de Lectura de San Vicente, os nenos e nenas do CEIP As Bizocas disfutaron dunha sesión circense moi especial. Os números máis importantes do circo aparecen en escena grazas as marionetas de fíos, levándonos a época máis dorada do circo. Onde forzudos, equilibristas, domadores, faquires facían as delicias de todos os que alí acudían.
Unha actividade moi participatica na que en todo momento os nenos e nenas interactuaban cos vellos traballadores daquel circo para axudalos e animalos a representar os números circenses mais importantes.

Espectáculo a cargo da compañia Tanxarina Teatro que nunca defraudan e onde os mais pequenos e non tan pequenos disfrutamos dende o minuto 1.

Dada a trasna visitou a Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, no concello de Culleredo, o xoves 18 de abril pola tarde. As andanzas do gato negro Micifú e do lobo feroz, entre outros, foron engaiolantes para toda a manchea de xente miúda que estivo por aquí.


O pasado martes visitou a ALM de Berdeogas Caxoto, A Trastenda dos Contos.
Ata aquí trouxo unha recompilación dos seus éxitos dos últimos vinte anos, con Cantar e Contar.
Contos e música, a mestura perfecta para unha tarde de primavera na que, a través da programación do Abril de Libros das cinco bibliotecas de Dumbría, vivimos un mes de moita actividade.
Moi recomendable esta actuación.

Visitounos Bandullo Azul, con Fazulas, fíxonos voar porque quere saber de que cor é o vento. Pasamos unha tarde estupenda de risas e collémoslle moito cariño a Fazulas

FERMOSA ACTUACIÓN DENTRO DO PROGRAMA LER CONTA MOITO
Participaron os nenos e nenas do club de bebés da biblioteca Municipal e da Escola infantil de Antas de Ulla,acompañad@s por nais ,pais e irmáns maiores.
Foi un espectáculo sen palabras,so con música,ritmo,cores,xestos e unha gran posta en escena de da actriz María Move



O pasado venres 12 de abril demos comezo á programación do Mes do libro na Biblioteca de Caión con Ángeles Goás e o seu particular “Saco de contos”.
Ángeles é unha magnífica contadora de historias cunha grande capacidade de escoita e un enorme abaco de recursos. Por mor do día de praia que nos tocou, a asistencia non foi tan numerosa como agardamos, sen embargo Ángeles soubo adaptarse á perfección ao público específico que nos acompañou.
A proposta fai referencia á importancia das nosas avoas como fonte de historias e sabedoría. Un saco de contos con historias diversas para todos os gustos con mensaxes potentes sobre o mundo, a familia, e o destino.
Pasámolo moi ben!


Séguenos