Aida Cobas con A boneca de trapo na Biblioteca Pública Municipal María Baña en Cabana de Bergnatiños

Mara e a súa avoa pasan ratos entretidos
e a avoa contalle moitas historias de mulleres que cambiaron a historia.

Mara e a súa avoa pasan ratos entretidos
e a avoa contalle moitas historias de mulleres que cambiaron a historia.
A Biblioteca Municipal de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 20 de maio o taller “Coas mans na masa” da editorial Oqo. Partindo do conto de Eva Mejuto “Maruxa” as nenas e nenos puideron crear a súa escena favorita da historia de Maruxa e Pepiño, empregando coma ingredientes principais masa de pan, cores e moita, moita imaxinación.


O día 21 de maio tivo lugar unha actuación na ALM de Sobrado para celebrar o día das Letras Galegas que este ano está adicado a Luisa Villalta e na que os nenos disfrutaron moito
Na recentemente renovada BPM María Magdalena celebramos o día das Letras Galegas cun espectáculo sorprendente, onde o ilusionista Mago Marco propuxonos unha viaxe de soño e ilusións envoltas en misterio.

A Biblioteca Pública de Allariz celebro o día 17 de maio día das Letras Galegas ofrecendo os mais cativos de esta vila o espectáculo de Lydia Botana Contos musicados, unha actividade na que utiliza o conto cantado como ferramenta par desenvolver unha escoita activa a través das imaxes e melodías que acompañan á mensaxe que se pretende transmitir, no que todo non é o que parece, a importancia de cambiar o punto de vista de ver as cousas ou a reciclaxe.
Concerto na BPM “Florencio Delgado Gurriarán” o día 15 de maio ás 19:00 no que Xoán Curiel interpretou cancións de autores homenaxeados nas letras galegas, con moita participación do público.



Para celebrar o Día das Letras Galegas o día 15 de maio os nenos e nenas de Ponteareas coñeceron a figura da escritora Luisa Villalta. Mediante debuxos e o sistema Zentangle o publico infantil gozo na Biblioteca Municipal de Ponteareas da actuación de Sheila García, que deu a coñecer ao publico infantil a figura de esta escritora. O obradoiro se desenvolveu con normalidade e os nenos/as estiveron moi involucrados nesta actividade.
Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos na biblioteca de Esgos o obradoiro “Unha viaxe creativa polas estacións do ano” o pasado xoves 16 de maio.

Da man de Academia As Curuxas, aula das ciencias de Allariz elaboramos con materiais de refugallo un testo para plantas. Tamén tivemos tempo para facer follas decorativas coa técnica do macramé.

Participaron 14 mulleres (ningún home) de edades diferentes que puideron levar para a casa as súas creacións

O día 16 de maio, para celebrar o día das Letras Galegas, na BPM de Ponteceso acompañounos Alba Farto, co seu taller para que os nosos artistas aprenderan a debuxar letras con moito arte e pasar unha tarde divertida e creativa.

O día 17 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar un repaso a través da música e dos contos por diferentes homenaxeados no día das Letras Galegas ao longo dos anos, e por suposto mención especial para Luisa Villalta. Resultou ser unha xornada agradable e divertida na que grandes e pequenos poideron interactuar



Séguenos