Na túa man, de Raquel Queizás
Este martes 24 de octubre, ás 18:00 h estivo na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán Raquel Queizás con: Na túa man: contos pola igualdade.

Este martes 24 de octubre, ás 18:00 h estivo na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán Raquel Queizás con: Na túa man: contos pola igualdade.

Raquel Queizás visitounos para mostrarnos os tesouros que traía dentro da maleta da avoa.Mentres ía mostrando os tesouros contábanos contos que lle contaba a súa avoa sobre mouras,trasnos,etc…
Tanto nenos como os maiores pasamos unha mañá moi divertida.




O pasado sábado 21 de Outubro, pasamos unha tarde con Magín Blanco e a súa obra “Caderno de cores e cancións”, foi unha actividade creativa, dinámica e divertida para todo o público asistente, pero a rapazada pasouno xenial.

Obradoiro para crear esculturas con papel reciclado. Cada un crea o seu personaxe favorito. Ao final da actividade contamos en voz alta cada un de nos un conto co noso personaxe como protagonista.





Onte pola tarde celebramos o día da biblioteca cunha maga moi especial: Leo Leiño e a súa simpática axudante.
Foi unha tarde chea de contos e maxia . Todxs pasamos unha tarde moi divertida.
Obradoiro no que Andrea Barreira Freije mesturou a lectura de varias escritoras de terror (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza entre outras) coa escrita.
Os usuarios coñeceron de primeira man o proceso de construcción de contos fantásticos e de medo.
MIGALLAS TEATRO TROUXO OS RATIÑOS E RATIÑAS A CANTAR CANCIÓNS E A ACOMPAÑAR AOS NENOS E NENAS DE PADRÓN A ESCOITAR DIVERTIDAS HISTORIAS.


Soraya chega a biblioteca cunha maleta de libros para contar os nenos de infantil de Vimianzo.
Algúns son contos para romper estereotipos, outros son os que contan as avoas, xogos de palabras…
Os nenos participan na actividade e divírtense moito

O mago Pedro Bugarín actuou para todos os nenos de primaria do Concello de Vimianzo.
Fixo varios xogos de maxia coa participación dos nenos e moito humor.
Os nenos divertíronse moito.
Para conmemorar o Día das Bibliotecas contamos con Alba de Vales.
Foi unha actuación estupenda cunha marabillosa narradora.
Alba mantivo a atención de tod@s @s nen@s, a pesar da disparidade de idades, narrando historias e lendas, acompañada do seu pandeiro.



Séguenos