Onte na biblioteca de Esgos Elena ensinounos a técnica do “book folding” para transformar libros vellos en esculturas.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro de banda deseñada que tivemos onte con Iria de Gnomo. Deunos unhas nocións básicas da linguaxe do cómic e da súa evolución lanzándonos ao pouco crear as nosas propias historias e personaxes. Eis o resultado!
O espectáculo de A Xanela do Maxín resultou moi interesante, didáctico e divertido. As/os nenas/os asistentes aprenderon moito cos experimentos que propoñía a toupiña (e que resolveu Protonio, coa axuda sempre das/os pequenas/os).
Na tarde de onte Fran Amil visitou a biblioteca de Berdeogas co seu espectáculo Cancións para enredar. Contos para tremer de ledicia.
Unha mestura de contos e cantos que invitan a seguir escoitando e lendo os libros de Chuches Amil.


Onte, día 5 de outubro, os rapaces de Culleredo puideron adentrarse na selva. Aprenderon cómo camuflarse para nos ser atacados polos animais: saltando, agochándose, ruxindo, non ser collidos na trampa de animais, mordendo como un rato… Foi unha sesión moi interactiva e entretida para maiores e pequenos. 



Onte, as nenas e nenos de Oleiros tiveron unha interesante e divertida tarde de xoves co obradoiro Robótica educativa.
Traballon en grupos montando caracois e muíños de arrefriamento con son, luces e movemento!
Actividade superparticipativa!

O pasado venres visitounos Laura,
Os rapaces e rapazas prepararon os debuxos para facer as películas de animación.
Todo un éxito!!!!

Os rapaces construiron o seu primeiro vehículo autónomo ou robot, fixeron unha carreira e participaron nun concurso de creatividade.

Contacontos que diriximos a nen@s de 1 a 4 anos protagonizado pola ra, un monicreque, “Nano”. Através de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, os nen@s aprenderon sobre o mundo que os rodea e moitas cousas sobre uns animais tan especiais como son as ras.
Nen@s e adultos acompañantes, gozaron moitísimo con “Chimpo de ra”. Facía moito tempo que non oiamos rir tanto nunha actividade. Deliciosa e completísima sesión de contacontos con Raquel Queizás.

Contacontos para nen@s no que, a través da figura dunha bibliotecaria moi particular, a narradora achega ao público diversas historias cunha fermosa idea central: os mellores contos están na cabeza dos maiores e nas bibliotecas.
Estupenda sesión de contacontos. Cris de Caldas, ademáis dunha magnífica narradora oral, sabe captar a atención dos nen@s e mantel@s enganchad@s ao longo de toda a sesión, interactuando en todo momento con eles.


Séguenos