Na biblio de Mugardos despregamos a nosa imaxinación con Aida Alonso
A creatividade foi a merenda principal da rapazada mugardesa que se animou na tarde do xoves a crear o seu propio libro con despregables da man de Aida Alonso
.

A creatividade foi a merenda principal da rapazada mugardesa que se animou na tarde do xoves a crear o seu propio libro con despregables da man de Aida Alonso
.


Onte tivemos na Biblioteca de Culleredo un conto para bebés a cargo de Charo Pita. Foi unha sesión moi divertida e interactiva, onde os adultos e pequenos desfrutaron.

Onte, tivemos o pracer de gozar dunha actividade didáctica ao mesmo tempo que divertida. A rapazada participante estivo inmersa no mundo de Picasso durante o seu desenvolvemento. En primeiro lugar tiveron ocasión de visionar unhas imaxes sobre a vida do artista e sobre a súa obra xa, máis tarde pasaron á parte práctica e seguindo as instrucións dos monitores conseguiron facer e pintar unhas figuras cubistas en cartolina que puideron levar para as súas casas. A actividade foi un éxito e todos os participantes saíron moi contentos.


Na tarde de onte, as bibliotecas de Cambre recibiron unha estupenda sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.
Este xoves 28 na Biblioteca Rialeda puidemos gozar con CINCO RATIÑOS DE CONTO de Migallas. Bea montou unha mesa con diversas pezas e foi expoñendo os libros nos que se baseaban as historias dos libros A que sabe a lúa? ou A ratiña presumida a medida que ía contándoas. Cantou e fixo participar ao público infantil e tamén adulto.


Este martes a Biblioteca Xela Arias contou coa escritora e ilustradora Estefanía Padullés para realizar un obradoiro de creación literaria para a rapazada da nosa contorna.
Un bo grupo de nenos e nenas de 6 anos en diante participaron e gozaron do proceso creativo de facer un álbum ilustrado. Un traballo ilusionante que os cativou, e que lles levou a percorrer camiños moi diferentes con historias ambientadas nos lugares máis emocionantes e dispares.
Un momento moi creativo e motivador para eles, xa que as ideas de uns, inspiraban aos outros, e viceversa.
Rapaces e rapazas interesados encheron as prazas, e saíron todos moi emocionados.
+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/creando-historias-elaborando-libros-na-biblioteca-xela-arias
O pasado martes, a Biblioteca de Teixeiro programou a visita de Pablísimo co seu espectáculo “O Paroleiro”.

Pasámolo moi ben escoitando a Pablísimo e vendo todo o que traia agochado na súa maleta.
OBRADOIRO CIENTÍFICO PARA PEQUENOS HEROES
NA BIBLIOTECA DE TEIXEIRO A CARGO DE HEROES PARA A CIENCIA.
O pasado venres visitaron a Biblioteca de Teixeiro Heroes para a Ciencia.
Relizamos unha serie de experimento que fixeron que os nenos e nenas disfrutaran moito.





Séguenos