PAXARIÑOS! EN CARRAL
Na tarde de onte, os mais pequenos da biblio estiveron moi atentos ó que lles contaba
Vanesa do Trinketrinke. Contos sobre paxariños!
Marabillosa sesión!! Quedamos encantados!

Na tarde de onte, os mais pequenos da biblio estiveron moi atentos ó que lles contaba
Vanesa do Trinketrinke. Contos sobre paxariños!
Marabillosa sesión!! Quedamos encantados!


A nosa pasteleira Tomasa e o cociñeiro Antón contaronlle aos nen@s do CEIP As Bizocas como gañaron o premio “Master Coemllón”. Divertida aventura na que cativos e maiores participaron dende o minuto un.
Despois do conto realizouse un obradoiro de cocina de chocolate cos nen@s e profesores do CEIP AS Bizocas.

Na mañá do 18 de maio, escolares da Rúa visitaron a Biblioteca Pública Municipal para celebrar o Día das Letras Galegas participando na actividade ‘A Ruleta das Letras’.
Os asistentes tiveron que poñer a proba as súas habilidades para saber quen se agochaba tras cada panel da ruleta. Por medio deste divertido e dinámico xogo de coñecemento, descubriron máis sobre os escritores e escritoras máis importantes e as súas obras. En definitiva, coñeceron máis sobre a literatura galega.


Onte recibimos na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Fran Campos, de Bandullo Azul, que veu acompañado de Fazulas e nos fixo pasar unha tarde moi divertida. Os nenos e nenas implicaronse totalmente na aventura iniciada por Fazulas para decubrir de que cor é o vento.


O pasado martes 16 de Maio ás 10:00 horas e organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén dentro do programa LER CONTA MOITO de 2023, tivemos con nós no Auditorio do Concello ao MAGO MARCO co seu espectáculo “MAXIA PARA SOÑAR” co que conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor D. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Neste espectáculo sorprendente, para gozar en familia, o Ilusionista Mago Marco propuxo unha viaxe de soño e ilusións envoltas nun misterio. A proposta de Marco foi a maxia clásica adaptada aos nosos tempos con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e o máis importante unha maxia interactiva en que o público foi o grande protagonista como se demostra nas seguintes imaxes.
Contamos coa asistencia a este evento de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira acompañados dos seus mestres.
O martes 16 de maio visitounos na Biblioteca Manuel Solla, de Carballiños, có espectáculo “Contos animados”, quen mesturando maxia, contos, e monicreques, conseguiu a diversión e participación entusiasta dos nenos e nenas do CEIP Francisco López Estrada e do PAI de Mañón.
Unha entretida forma de celebrar as Letras Galegas.

Quedaron encantados.

O luns 15 de maio acompañounos Soledad Felloza cá contada ” Asomando a orella”, basada na vida e anécdotas de D. Francisco Fernández del Riego.Sole fíxonos pasar unha mañá entretida, e os nenos estiveron participativos



Este ano Cristina Piñeiro axudounos na organización das Letras Galegas camariñás. Pistas, candeados e códigos encriptados conducíronnos cara as lendas, cancións, narracións e cultura galega. Una sala de escape moi ben configurada onde non hai gañadores nin perdedores e triunfa o valor da cooperación, única ferramenta para acadar o tesouro das Letras.

O 17 de maio de 2023, dentro da programación municipal polo Día das Letras Galegas, o Mago Paco levou a diversión para os máis pequenos á praza da Biblioteca Irmáns Camba.

Co seu espectáculo “Contamaxias” todas as familias alí presentes puideron disfrutar de historias contadas na nosa lingua entrelazando unha morea de chamativos trucos de maxia. O Mago Paco acaparou toda a atención dos cativos, que se asombraron con cada xogo de ilusionismo, ao tempo que se mergullaban no interés pola lectura e a narrativa.

Onte a Biblioteca de Quiroga completou o programa de actos de conmemoración do Día das Letras Galegas co espectáculo de animación infantil “Unha de Piratas”a cargo de AC Os Carballiños. Un conto con títeres, música en directo e moita participación dos nenos e nenas asistentes.


Séguenos