Trinketrinke na axencia de lectura de Esteiro – Muros
Empezamos o 19 de abril as actividades do ” Mes das Letras ” pasandoo moi ben con Trinke trinke e ” Un ratiño presumido ” tanto nenos como pais o pasaron moi ben.

Empezamos o 19 de abril as actividades do ” Mes das Letras ” pasandoo moi ben con Trinke trinke e ” Un ratiño presumido ” tanto nenos como pais o pasaron moi ben.

Este sábado, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Municipal programou a actividade “Garavanciña e o esquío. Musicar un conto” con Babaluva Teatro. Foi un espectáculo moi participativo e dinámico tanto para nenos como para adultos. Unha moi agradable experiencia participar en musicar un conto da man de Mirari Urruzola.
Este pasado sábado recibimos na biblioteca de Buxantes un obradoiro científico ben curioso.
Héroes para la ciencia achegounos unha morea de experimentos, permitindo que todas as persoas asistentes partipasen activamente.
Unha tarde de chuvia ben interesante!

O pasado venres recibimos na biblioteca de Olveira a visita de José Rivera.
Con el participamos nun obradoiro para meigas e bruxas, no que os asistentes puideron aprender moito sobre maxia. Practicaron algúns efectos e descrubrimos que na biblioteca agóchase a maxia dentro dos libros.


O Obradoiro “O mundo da dobraxe” resultou todo un éxito. Ademais de explicar á rapazada participante en qué consiste a dobraxe dun xeito ameno e divertido, a sesión foi moi participativa, involucrando aos nenos e nenas que tiveron a ocasión de dobrar un fragmento dun episodiro de “Bon Esponxa” ao galego. En resumo, a actividade cumpliu con creces as expectativas do público asistente, que ao final viu o resultado do traballo en equipo, con esta sesión de dobraxe, un apartado das artes da comunicación audiovisual que merece ser coñecido e recoñecido.
O león Leo visitou a Escola Infantil .
Ensinou a os pequenos as cores con moita alegría e ilusión .
Un espectáculo didáctico e moi entretido.

Este pasado sábado recibimos na biblio de Berdeogas a visita de Andrea Freire, a autora do libro Luuume, publicado por Antela Editorial.
Realizou un impecable traballo en todo momento.
Un contacontos feito con profesionalidade e paixón polo que se está transmitindo, conseguindo que os asistentes, de diferentes idades, estivesen en todo momento enganchados á contada.
Taller posterior adaptado ás idades dos participantes.
Gustounos moito!

A igualdade non ten idade!
Baixo esta premisa, Luis Vallecillo conseguiu que todos os asistentes á actividade do pasado venres levantasen das cadeiras e movesen o esqueleto.
Bailamos, cantamos, demos palmas e aprendemos moito!
Moi recomendable, sen dúbida.


O pasado mércores pasamos un rato moi divertido en Foz con Tarabelos e a súa obra “Contos nunha roda: Manuela e Manuel”. A través dun teatriño ilustrado, dunha roda e de Esteban, gran contador de historias, a picaraxada disfrutou dunha tarde moi amena cos protagonistas, Manuel e Manuela, un conto pola igualdade deseñada para romper estereotipos. Unha actividade dinámica na que o público participa e interactúa cos personaxes. Ao final da sesión, Esteban permitiu acercarse ao monicreque que tanto interés despertan sempre entre os/as máis pequenos/as.


Séguenos