NOVOS LOBOS B.P.M. VAL DO DUBRA

O pasado 17 de Xullo pola tarde tivemos os ” Novos Lobos” no parque infantil de Val do Dubra, unha actividade con monicreques, donde os pequenos e pequenas e os non tan pequechos pasaron un anaco moi divertido.


O pasado 17 de Xullo pola tarde tivemos os ” Novos Lobos” no parque infantil de Val do Dubra, unha actividade con monicreques, donde os pequenos e pequenas e os non tan pequechos pasaron un anaco moi divertido.

O venres 20 de agosto tivo lugar na piscina municipal a actuación de Xoán Curiel e a banda de verán.
A cativada e os adultos puideron gozar dunha animada tarde a cargo dos sons de música infantil e familiar moi roqueiros e terroríficamente divertidos. Completouse o aforo con preto de trinta de asistentes.
Este espectáculo que nace dun disco-libro denominado Estamos no Verán, que tamén se pode atopar na biblioteca municipal.




O pasado venres 20 de Agosto, ás 20h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos), tivemos o espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro, “Isto non é só unha caixa”.
Gran número de participantes acudiron á chamada da Biblioteca do Concello de Verín.
Esta mañá tivemos o obradoiro creativo “Animalario Fantástico” a cargo de Crearte Servizos Culturais! Durante esta actividade as pequenas e pequenos puideron coñecer unha ampla variedade de animais pertencentes a diversas mitoloxías, un aprendizaxe para abrir a mente, para descubrir novas formas. Ao remate da avtividade cada un e cada unha puideron levar consigo o seu libro personalizado coa súa creación propia, todo un éxito!

O mércores 18 de agosto as nenas e nenos do Pereiro quedaron abraiados cos contos de Fran Campos que non acudiu á cita só, senón que veu acompañado da súa guitarra e da súa inseparable Filipa.
Houbo contos para toda a familia con historias de aquí e acolá, historias tradicionais, historias cantadas… que fixeron desta unha xornada “filipante”.



DÍA DE FESTA E BAILE CO LIBRO”ESTAMOS NO VERÁN” QUE XA LERAN DURANTE A SEMANA E COA MÚSICA DE XOAN CURIEL. FOI UNHA FESTA NECESARIA NESTES MOMENTOS E QUE AXUDOU A COÑECER NOVOS LIBROS.

Caxoto converteuse en Rois nun barrendeiro que traballaba polo exterior da biblioteca. Aproveitando que estaban os nenos e nenas alí, regoulles que deixaran de tirar cousas ó chan, farto de recoller o lixo da xente: chicles, papeis, pano dos mocos e ata avoas en bo estado de uso!

O espectáculo foi virando cara un tono máis amable dende o que se abordaron contos, xogos e cantigas de carácter ambiental.
Grazas Caxoto e ata outro momento!

Testimonios e relatos da represión nos anos da Guerra Civil e posteriores. A importancia da historia local e familiar como identidade, así como a necesidade de comunicación entre as distintas xeracións para non esquecer estes feitos. O respecto como ferramenta social imprescindible.
Hoxe ás 12.00 os nenos e nenas de Chantada pasaron un anaco de lecer moi dinámico co Conto -concerto para montar a túa “Banda de Verán” da man de Xoán Curiel.
O concerto tivo lugar na praza do Cantón a carón da biblioteca municipal.

![]()
Os rapaces de Porto do Son desfrutaron dunha mañán cun Obradoiro de Ilustración a cargo de Santy Gutiérrez na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz de Porto do Son.



Séguenos