SOÑANDO INVENTEI EN TEIXEIRO
O venres tivemos o pracer de disfrutar do concerto que ofreceron Jorge Juncal e María Faltri.
Soñando Inventei é un espectáculo no que o público participa acompañando as cancións a través das cales se traballa a diversidade e igualdade de xénero a través das cancións.
Concerto cheo de música e poesía baseado no libro “Fantasía coas Palabras” que fixo que os asistentes pasaran unha boa tarde

Agardamos poder volver a escoitalos, foi todo un pracer.



O xoves 24 de setembro os nenos e nenas de Lourenzá desfrutaron coas aventuras de Harry Potter e experimentaron os feitizos deste personaxe
O venres 25 de setembro puidemos disfrutar na biblioteca de Nós da compañía do autor e ilustrador Anxo Fariña que nos contou a historia de Dulcinea e foi quen de transformar as nenas e nenos asistentes en serea, unicornio, lobishome … sempre sobre o papel, claro, retratos que despois levaron ás súas casas.


O venres, 25 de setembro, Charo Pita agasallounos con historias sobre mulleres aventureiras reais e ficticias, aderezadas con algunha canción.






Séguenos