A importancia da nutrición co raposo Rufo en Santiso
Os nenos/as de Santiso aprenderon a comer de maneira saudable e de forma divertida co raposo Rufo.

Os nenos/as de Santiso aprenderon a comer de maneira saudable e de forma divertida co raposo Rufo.

A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.
E despois veu Patricia, de Eduvía, cargada de contiños e estímulos para que os bebés, nais e pais que nos acompañaron, descubriran un modo especial de estimular os nosos sentidos. Pasáronno tan ben, que case non os damos botado da biblioteca!

Xa estamos agardando por Andrea Barreira para aprender a escribir as nosas propias historias e ao Xigante de Elefante Elegante.

Unha vez máis chegou a Muxía o gran Anxo Moure , o Carballo con Botas, cos seus contos que promoven valores positivos e solidarios. Desta trouxo a todos os nenos e nenas que se achegaron a escoitalo o valor da paz , a solidariedade e o coidado da natureza, da man dunha muller inmensa como Wangari Maathai.
Actividade musical dirixida a nenos a partir de 3 anos, con gran perticipación do públicio asistente, intervindo activamente, coreando cancións e pedindo bises.
Aprendemos unha chea de cancións con PABLO DÍAZ e o seu album “Coas miñas mans”

Cambiar o conto da Bela e a Besta foi moi divertido. Facer bombas de baño fixo desta mañá de outono un día especial.

O pasado sábado, 26 de setembro, tivemos na Biblioteca Rego da Balsa á compañía Trécola Teatro ofrecéndonos un espectáculo cheo de fantasía.
Nesta ocasión, o noso auditorio estivo asolagado de contos da Lúa, cos que gozaron as persoas que decidiron vir á biblioteca e tamén moitas outras a través do streaming que se realizou polas redes sociais do Concello de Carballo, Cultura Carballo e a Biblioteca Rego da Balsa.

O pasado sábado 26 de setembro os nenos e nenas de Viveiro pasárono mui ben con Pedro Brandariz aprendendo moitos valores: amizade, compañerismo, reciclaxe, o
gusto pola lectura… 
O pasado venres tivo lugar na Biblioteca Xabier Docampo un interesantísimo encontro de Pablo Giménez, da Academia Átomos, cun grupo de nenos e nenas que se achegaron á biblioteca para descubrir e asumir os segredos da robótica. Esta exitosa proposta fixo que se cubrisen todas as prazas existentes para a realización da actividade e os/as participantes levaron unha fantástica impresión (tamén 3D!) para as súas casas.

O pasado venres día 25 na biblioteca municipal de Oroso recibimos a visita de O lobo bobo da man de Elefante Elegante. Pasamos unha tarde moi divertida, tanto que non queríamos marchar.



Séguenos