CAMARIÑAS NA RUTA DOS SUBMARINOS
En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.


En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.


O día 13 de outubro os máis pequenos puideron desfrutar con Trécola Teatro na B.P.M. Xerardo Díaz Fernández.
O circo chega á cidade para ledicia de cativos e grandes. Pero nunha das gaiolas hai un león inmensamente triste. Klara decide averiguar qué lle sucede e intentará axudalo…


Os ingredientes principais para a receita da mellor actuación son, sen dúbida, a diversión e a música. Pois ben, esta actuación sería un doce exquisito xa que, o venres pasado na Biblioteca de Noia tivemos cancións e divertimento a esgalla. Paco Nogueiras amosou unha grandiosa experiencia mantendo en todo momento atentos e con caras sorrintes ós cativos (e ós non tan cativos). Actividade recomendada, non cabe dúbida, para alegrar mañás ou tardes cunha función moi entretida.
O venres 11 de outubro ás 12 da mañá, nenos e nenas de 7 e 8 anos encheron o salón de actos da biblioteca municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte para asistir ao espectáculo de marionetas de Trécola Teatro. A través dos xogos de catro amigos nos presentan un tema moi candente como é o acoso escolar e a discriminación que sofren moitos nenos e nenas. Cunha boa posta en escea fan que o público participe dos problemas dos personaxes e se impliquen na historia.
Esta actividade se encuadra dentro do programa contra a violencia de xénero de ler conta moito



O pasado venres 11 de outubro a Biblioteca de Sada homenaxeou as mulleres autoras co espectáculo Femininoplural, de Silvia Penide e Carla López, no que se escoitaron cancións de Patti Smith, Amaral, Julieta Venegas… e do que gozaron pequenas/os e maiores.




O venres día 11, pola mañá, alumnado de 1º de ESO do IES Afonso X de Cambre, participou na biblioteca dunha amena e fructífera charla sobre o machismo, o feminismo, a vilolencia de xénero, a igualdade de sexos… Todo dende a perspectiva da narración oral. Caxoto remontouse á situación da muller e o home na época da súa avoa e foina comparando coa actual. Unha forma moi didáctica de ver as dúas realidades.
Unha actividade onde non só se escoitou, tamén se opinou.
Pero Caxoto é un gran narrador oral e así nos manifestou as súas dotes rematando cun conto do ciclo artúrico, no que esta vez sí triunfa na muller o poder decidir.
Temas todos moi interesantes para tratar co alumnado destas idades.

Este martes, día 8 de outubro, tivemos a sorte de que viñese Fátima Fernández á Biblioteca Municipal de Outes. Contounos unha serie de contos moi bonitos. Dende o primeiro momento captou a atención dos pequenos por medio dos ricos e variados matices da súa voz, con cancións, xestos e algún que outro susto. Pasámolo de marabilla.
A Biblioteca de A Illa de Arousa continúa “Contando en Igualdade” co Programa Ler Conta Moito-Igualdade.

O venres 11 de outubro, tivo lugar a visita de Patricia que veu a contarnos a aventura de Daniela Pirata para sorpresa dos/das máis novos/as.

A verdade, unha tarde moi entretida onde nais, pais, nenas e nenos desfrutaron coas probas e aventuras de Daniela Pirata…
Unha actividade que dende aquí recomendamos…


O pasado 10 de outubro estivo con nós Pablísimo, contándonos contos de príncipes que pasaban o ferro e princesas valentes e ensinounos unha gran mostra de instrumentos de tódalas partes do mundo, invitándonos a participar con él tocando eses instrumentos para amenizar outro conto.

O público saíu encantadísimo e desexando telo de novo pola biblio de Mondariz-Balneario.
Os rapaces e rapazas de Vilar de Santos recibiron fai uns días a visita de Dada o duende, que a través dos seus contos transmitiulle ós asistentes valores tan importantes como o traballo en equipo, a igualdade e o respecto polo medioambiente.
Tanto nen@s como adultos desfrutaron moito desta actividade.


Séguenos