ANTÓN E TOMASA PASASON POR ALDÁN CO SEU CHOCOLATE DA ILLA DE SANTO TOMÉ


O venres ás 17:00 tivemos una actividade de escape room baseada en Alicia no país das marabillas. Marabillosa ambientación e moita tecnoloxía para resolver os enigmas plantaxados.

En colaboración co CEIP Plurilingüe Santa María de A Fonsagrada, levamos a cabo o obradoiro de escritura creativa O poder das non tan pequenas cousas. Grazas a Andrea Barreira Freije que guiou ás alumnas e alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria deste centro para que imaxinaran e crearan outras historias posibles para os contos clásicos. Así logramos desarmar estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos das nenas e nenos.


= (Igual) quere concienciar os/as cativos/as e mozos/as da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiáns coma as cores, os traballos, os xoguetes ou a roupa.

Na tarde de onte os nenos e nenas da parroquia de Corvillón, en Cambados, desfrutaron e aprenderon con historias sobre mulleres que foron invisibilizadas ao longo dos anos; da man de Ana da Asociación Cultural Lisístrata.




Grande participación de nenos/as na biblioteca pública de Taboada neste espectáculo de cantigas de Martín Códax coa súa música orixinal.
Juste narrou contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias que escenificou é a fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos”, da autora Gemma Lienas, que autorizou á compañía Juste Kamishibai, papel y teatro para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación foron os despregables Pop-Up e o teatro de papel.

Hoxe visitounos en Bergondo Yolanda Castaño coa súa actividade “Muller, poeta, en galego.. e polo mundo!
Os preto de 140 escolares de 2º, 3º e 4º de secundaria participaron das contadas de Yolanda sobre o seu traballo, quen o realizou dunha forma moi amena , tan importante para a rapazada. Destacable a labor que fixo, afondando no pensamento crítico da rapazada en relación ao tema da igualdade de xénero.





Séguenos