Maxia pola igualdade
Actividade organizada pola Biblioteca de Pantón en colaboración con Ler conta moito e o Pacto de Estado contra la violencia de género.
Actividade organizada pola Biblioteca de Pantón en colaboración con Ler conta moito e o Pacto de Estado contra la violencia de género.

Onte tivemos unha visita moi anunciada, e numerosa, chegou Anxo Moure, tamén coñecido como Carballo con Botas, a hacer un obradoiro – contacontos, e pouco despois chegaron 28 rapaces de 4º ,5º e 6º e primaria.
O título da actividade foi A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado. Trátase dunha actividade encadrada nas programadas Contra a Violencia de Xénero, e consistía nun Obradoiro de reciclaxe de novas, e contou tamén con contos, e moitísima interacción cos rapaces. Todo o acto estivo centrado na loita contra a violencia de xénero, coidado do medio ambente, o noso planeta, etc.
O venres, 4 de outubro tivemos espectáculo A familia Papaventos.
Contos sobre a amizade acompañados pola voz e a guitarra de Charo Pita interpretando algunha canción do seu libro disco No país do vento.
Os pequenos/as pasárono xenial. Foi unha tarde moi divertida e entretida chea de ledicia e agarimo.
Moitas grazas Charo 
O venres, 4 de outubro, Electra visitounos na biblioteca de Mera e ensinounos unha casiña moi especial. Invitounos a pasar á casa das letras e puidemos ver como se visten, lavan os dentes, almorzan e mesmo, a máis agarimosa de todas, deunos unha forte aperta.
Para rematar as nenas e os nenos fixeron o seu propio monicreque das letras e pasamos unha tarde verdadeiramente divertida todxs xuntxs.



Día 4 de outubro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a quinta actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
con Isa de Menos dá unha pedra
o 4 de outubro, ás 18:00 na sala infantil
Primeiramente vimos que tipo de personaxes queremos facer, escollemos monstros, e logo escenarios posibles (unha casa, un bosque,…)
Con coidado debuxamos e recortamos os nosos monstros.

Despois fixémoslle ocos para poñerlles láminas transparentes de cor.


Despois de preparar tamén algún escenario…


… fixemos unha pequena obra no teatriño de sombras.

O Sábado 5 de Outubro o Mago Paco fixo posible a maxia o redor de unha gran historia , nenos, nenas e maiores pasaron unha hora moi, pero que moi cortiña na Biblioteca de Miño.
O ilustrador e escritor Anxo Fariña, este venres 4 de outubro ás 11 da mañá, fíxonos un contacontos baseado no álbum ilustrado: “Dulcinea, a nena cabaleira, no que narrou historias de Breogán, que entra por arte de maxia no libro do Quixote de Cervantes. Apoiándose nas súas ilustracións no momento dos contos, Anxo fixo que os nenos aprendesen que fai maxia cos seus debuxos, coas súas ilustracións.
20 alumnas e alumnos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo cos seus profes desfrutaron do conto, desfrutaron das ilustracións e algún debuxo de Anxo tamén levaron á escola…


O domingo 6 de outubro ás 20 horas tivemos o pracer de contar coa música e poesía de Xoán Curiel, que achegou a Viana o seu espectáculo “Pobre poesía”. Un compositor, guitarrista e cantante galego moi recoñecido que deleitou ao público asistente cos seus fermosos temas (poesía de Rosalía de Castro, de Rosalía Fernández Rial, Álvaro Cunqueiro, Antonio Fraguas e moitos outros/as poetas galegos.
Todo un luxo contar coa súa presenza na BPM de Viana do Bolo!!
Contos e música pola igualdade con María Faltri e Jorge Juncal“Ela, soña con sentirse en paz e liberar os seus segredos, sen ser xulgada polo seu aspecto e a súa identidade, libre para ser ela mesma e chegar a tocar a lúa. Decidida a emprender a súa viaxe emocional e manifestar o seu poder interior“

O sábado a tarde tivemos o pracer de contar unha vez máis con Sarabela Teatro e o seu espectáculo “Noa no espello”. Unha actividade divertida e dinámica que contou coa colaboración dun público cativo moi entregado. Pequenos/as e maiores gozaron disfrazándose, cantando e bailando con “Noa no espello”.


Séguenos