“A cabeza de dragón” na B.P.M. da Carballeira
O martes 9 de outubro contamos coa actuación de marionetas ” Cabeza de dragón”

Unha historia divertida cunha canción pegadiza e entretida con variedade de personaxes.
O martes 9 de outubro contamos coa actuación de marionetas ” Cabeza de dragón”

Unha historia divertida cunha canción pegadiza e entretida con variedade de personaxes.
A compañía de teatro Caramuxo Teatro, presentóunos un espectáculo de teatro para bebés e familias que narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Foi unha posta en escea interactiva, onde os zapatos cobraron vida. Os mais pequen@s coñeceron a Pequecho e aos seus irmáns, á bela bailarina, ao sol, a nube e moitas historias máis.


Unha proposta cunha coidada estética que lle valeu a distinción de Espectáculo Recomendado pola Red Nacional de Teatros e una Mención Especial do Xurado na XXVI Internacional de Vall d’ Albaida.

O martes 16 de outubro “As parábolas de Pakolas” chegaron a nosa Biblioteca da man de Paco Cerdeira.
Os nenos e nenas poideron bailar, cantar e coñecer instrumentos musicais, como o theremín e a guitarra eléctrica.
Paco interpretou temas a ritmo de rock e máis estilos, alternando coa narración das historias que nelas se recollen.

Nesta ocasión foi o grupo do Club de Lectura de Arteixo quen puido gozar do método Zentangle. Debuxos de sombras, relevo e diferentes planos para conseguir tranquilidade e concentración, obxectivo final da actividade. Desta forma cada participante dá renda solta a expresión creativa máis íntima, elevando a concentración o seu máximo esplendor.
Aínda que non asistiron a totalidade de membros que compoñen o grupo do Club de Lectura os que participaron amosaron a súa satisfacción coa actividade que comezou as 17:30 e rematou as 19:00 h.


O luns 8 de outubro, a biblioteca tornouse máxica.
Pasámolo moi ben.

Os nenos gozaron moito co espectáculo; cantaron, saltaron, e bailaron. Case todos os nenos da poboación xuntaronse
aquí.

A compañía de teatro elefanteelegante, presentounos un espectáculo onde mistura os contos de sempre, dando lugar a unha nova historia na que conviven a poesía, música, comicidade e teatro xestual.
Foi unha posta en escea interactiva, onde as marionetas cobran vida nas casas que aparecen diante dos espectadores, ao fio da narración das novas aventuras das personaxes de sempre.
Unha tarde moi divertida que deixounos ganas de máis.


A compañía TrinkeTrinke viñeron á Biblioteca de Miño con novas historias cargadas de contido. Esta vez, faláronnos dos nosos maiores, a importancia do respecto cara a eles, de non esquecelos, de lembrar sempre a súa sabedoría. Todo isto cargado con tenrura e delicadeza, fixéronnos pasar un intre que non esqueceremos tan fácilmente.
A Biblioteca tivo con gran aforo de persoas nenos e maiores que gozaron coas historias de TrinkeTrinke, ademáis contáronse: “Avós” e ” Á Arbore Xenerosa” dúas historias publicadas por la editorial Kalandraka, dispoñibles na biblioteca.
O luns 15 de outubro, para celebrar os 10 anos do noso centro recibimos a visita de Óscar Villán, que nunha amena charla iniciou ós rapaces e rapazas no mundo da ilustración a través dos traballos feitos polo creador do Coelliño Branco. tamén houbo tempo para facer un pequeno repaso de algúns artistas importantes na historia da arte. O público non perdeu ollo da explicación.
Os nenos e nenas de Baión disfrutaron o día 10 de outubro do concerto de CAMIÑOS de Magin Blanco, no que o instrumento estrela foi a guitarra.


MAGIN BLANCO NA A.L.M DE BAION




Séguenos