Encontro con Paula Carballeira


Encontro de Paula Carballeira por medio de contos e narracións .Buscou a participación do público o que fixo todo máis dinamico e cercano
Pasouse unha hora de diversion con medo cunha gran actriz e gran comunicadora


Encontro de Paula Carballeira por medio de contos e narracións .Buscou a participación do público o que fixo todo máis dinamico e cercano
Pasouse unha hora de diversion con medo cunha gran actriz e gran comunicadora

Antia leo o libro e enteblou unha charla cos nenos e nenas sobre o que acontece no conto e reflexionar sobre a igualdade das persoas.
Resultou moi entretida e o mesmo tempo fixo que falaran sobre os papeles das nenas e dos nenos,fomentando a igualdade

Día 5 de xullo de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámonos preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!
E despois só hai que subilo á nube…
da man de Damián Alonso de Solovoz
o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil
tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:
O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.
Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.
Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!
Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:
podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.


O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.

O venres tivo lugar un contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” a cargo dos nosos amigos Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
A actividade, que tivo lugar na sala infantil da biblioteca, rendiu homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

O contacontos estaba baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”,
e nel narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participaron todas as persoas asistentes, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas dunha forma moi divertida. Por último, nos ensinaron a debuxar paso por paso ao homenaxeado, Antón Fraguas. Unha actividade absolutamente recomendable.


O venres día 5 tivemos unha sesión de contos na biblioteca de Covelo para os nenos da escola infantil. Migallas Teatro fixo pasar un rato ameno e moi divertido ós cativos e pais, cos seus contos e múscia en directo.

O mércores 3 de xullo, comezamos cos obradoiros do verán na Biblioteca. Este día foi de globoflexia. Da man de Ian & Elisa, os nenos aprenderon a facer distintas figuras inspirados polos contos : cans, coroas, espadas…


La BPM López Cortón foi visitada pola artista Fátima Fernández co seu espectáculo “Contos Pop-Up”, contando historias de animais, ciudades, fadas, etc, cos seus libros móviles de solapas, linguetas, etc. Os nenos o pasaron fenomenal asistindo 120 nenos do CEIP Nicolás do Río.
Agradecesmolle o regalo que nos fixo dándonos una sesión a maiores para chegar a un maior número de nenos, tendo en conta o seu esforzo debido o momento pesoal que está a pasar.



EXPLICACIÓN E HISTORIAS E VIDA DE MULLERES PRECURSORAS DA HISTORIA QUE EN TODO CASO ERAN DESCOÑECIDAS PARA OS CATIVOS PERO DE GRANDE IMPORTANCIA
LECTURA DE POEMAS DA ÉPOCA POLO ARTISTA E POLOS CATIVOS

LER CONTA MOITO
E xa, para celebrar o Día da Biblioteca, o 23 de outubro fixo a sesión de animación a lectura Francisco M. Campos Ferreiro, “Bandullo azul”, co título “Filipa cos contos… mar adiante” para alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria. Narración, teatralización, musicalización… A protagonista é a homenaxeada do Día das Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno e o seu libro “Mar adiante”, adaptando contos incluidos nesta obra. E contos populares, sen esquencer a música en directo, “contos-cantados”, xogos e … bo humor. ¡Filipa, pasámolo pipa!




Séguenos