
Cara a finais de curso académico, o pasado 19 de xuño e dentro do programa Ler conta moito, programouse desde a biblioteca pública municipal de O Valadouro o proxecto Bibliocanta.
Esta actividade estaba destinada a todos os públicos pero especialmente ao público infantil, onde os rapaces aprenderon e descubriron cancións e coreografías populares.
Involucráronse todos os asistentes e bailaron, cantaron, riron… e con ganas de cantar.
O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas, Leolo o Contadelo, cumpría 10 anos de vida.
Un espectáculo dirixido aos nenos e ao público familiar, no que se combinaron as cancións co teatro, e no que gozamos todos
O mago Paco fixo desfrutar a cativ@s e maiores nunha tarde chea de auténtica maxia. Durante unha hora e pico
os nosos pequenos non perderon detalle de todos os movementos do mago Paco que con gran maestría e ilusión
conseguía asombrar ata aos máis incrédulos. Graciñas por esta tarde fantástia!



O mércores 20 de xuño de 2018, Luis Vallecillo actuou na Escola de Educación Infantil de Lañas, dentro da campaña de animación á lectura nas escolas infantís. Chegado o fin de curso, nenos e nenas e as súas familias puideron contar, cantar e bailar ao son do espectáculo Cantamos? Na actuación, Luis Vallecillo repasou unha serie de contos coñecidos e outros de creación propia cun toque de rock e blues en galego.
Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………


O mércores 20 de xuño , celebramos na A.L.M da Capela o remate do curso escolar e acompañounos Raquel Queizás con ” Raposadas” arredor de 60 nenos e nenas participaron nos contos, nas adiviñas e incluso cantaron e bailaron.
Raquel Queizás tivo ós nenos entretidos e moi interesados nas súas ” Raposadas”.


O martes 19 de xuño ás 17 h. na Axencia de Lectura de Vilariño- Cambados, dentro do programa de ”Ler conta moito” tivemos connosco a Fátima Fernández con ” Os contos da nai da miña nai”. Conseguiu captar a atención dos cativos dende o primeiro momento.



A compañía sorprendiunos a todos cun cantacontos do máis especial.
Este mércores 20 de xuño, ás 17:00 h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, os bebés de 0 a 3 anos poideron contemplar e desfrutar de “Musicreques. Un cantacontos musical”, un contacontos moi especial que incorporaba música, efectos especiais, ilustracións, contos, obxectos, rimas e xunto a todos os ingredientes necesarios para manter aos máis cativos atentos durante toda a función.
A Asociación Cultural Tres Por Cuatro Tres Cuatro soubo captar non só a súa atención senón que realizou un cantacontos orixinal e enriquecedor no que os máis pequenos 4poideron aprender e deixar voar a súa imaxinación case sen darse conta e cunha boa melodía!
Quedan garantizados estas nenas e nenos como futuros lectores con esta magnífica posta en escea! 😉


Séguenos