O BARDO ABELARDO EN TORDOIA
O Bardo Abelardo achegounos o espectáculo “O son das linguas” a Tordoia onde os máis pequenos gozaron de cantigas tradicionais participativas en varias linguas e participaron en xogos rítimicos.

O Bardo Abelardo achegounos o espectáculo “O son das linguas” a Tordoia onde os máis pequenos gozaron de cantigas tradicionais participativas en varias linguas e participaron en xogos rítimicos.

Para celebrar o día das Bibliotecas , na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa tivemos un contacontos coa Fada Diana.

A través do seu relato e tamén con cancións , explicou ós nenos e nenas asistentes a importancia da reciclaxe , e tamén o noso deber de ser máis respetuosos co mediombente.
É un espectáculo infantil para público familiar que xira arredor da figura de D. Carmelo, un avó ao que lle encanta contar historias, pero a súa memoria xógalle malas pasadas… Cada vez que abre un libro, as historias mestúranse e os finais son comezos de novas historias.
Unha proposta divertida que motiva aos nenos e nenas a ler.
Celebrando o día da biblioteca na mellor compañía, contamos, cantamos e rimos moito.

O venres, 24 de outubro, fixemos festa na axencia de lectura das Somozas co espectáculo Tralará porque era o día das bibliotecas e Marta Ortíz fixonos gozar cos obxectos cotidiáns que nos rodean e iluminou con contos e cantos o mundo de outras moitas cores.


O Día das Bibliotecas, fixemos con Tomás, o curso para o deseño de Book Trailers.
Pareceunos moi útil para a promoción dos libros, entre a rapazada.

“Contos para caghar patatillas” foi a proposta de Brais das Hortas na actuación de Brais das Hortas en Porto do Son, dentro do programa Ler Conta Moito. Uns contos entre o medo e a risa que nenos e maiores desfrutaron con entusiasmo.

Introdución sobre o circo e a súa historia.
Fabrícanse xogos malabares para a realización do obradoiro, para aprender a elaborar e compartir os xoguetes e os coñecementos.
Expóñense diferentes técnicas de malabares: lanzamentos, xiros, equilibrios, etc.


As rapazas e rapaces de Laxe desfrutaron dunha sesión de contacontos manipulativo onde observaron os distintos materiais para elaborar un libro, viron os libros máis raros da historia e aprenderon a facer coas súas mans un minilibro.

Este sábado celebramos o Día das Bibliotecas coa actuación Contos Animados de AC Os Carballiños. Unha mañá chea de risas e maxia, onde @s máis pequen@s descubriron moitas cousas sobre as diferentes mascotas que a Manoliño gustaríalle ter. Tampouco faltou a música e un xogo de mímica no que @s nen@s foron @s protagonistas.


Séguenos