Constos de Marmeleiro, anís e limón
Na biblioteca cheira a marmeleiro, anís e limón, arrecendos que acompañaron os contos de Marisa Irimia.

Na biblioteca cheira a marmeleiro, anís e limón, arrecendos que acompañaron os contos de Marisa Irimia.

O día 24 de outubro voveu a maxia a B.M. de O Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo da man de Javier Muro.
Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos de un intre moi agradable.

O espectáculo ten formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar.
Onte, 25 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido disfrutar de “Os ratiños da caixa”, que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do Día das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!

Onte 25 de outubro na ALM de Touro, celebramos o día da Biblioteca coa presencia da compañía Elefante Elegante, que nos embelosou co espectáculo “O Xigante”. Cativos e adultos pasamos un ánaco do máis entretido.



Neste obradoiro (dirixido por Electra Menéndez) as crianzas participantes, inspirándose nos ovos de conto que a galiña Rosiña ten no galiñeiro, crean un conto oral e, ao mesmo tempo, fan os personaxes cun material que ten como base a fariña.
O mércores, 25 de outubro ás 18,30hs, as gargalladas inundaron a biblioteca de Santa Cruz durante toda esta sesión . Tanto os adultos como os rapaces e rapazas non pararon de rir e aplaudir en cada historia que presentaba Pablísimo. Apoiado por un teatrillo e polas súas propias mans elaborou unha posta en escena do máis divertida, sonora e visual. Unha ra que se tragaba todo aquel monstro que se atrevía visitar a casa da súa dona. Unha cabaza tan grande que non había xeito de mover ata que acudiron unha chea de animaliños para axudar (tantos como dedos temos nas mans). Recordamos entre todos unha antiga e divertida canción e observamos como o caracol sacaba os seus cornos ao sol. Un espectáculo cheo de sensacións tras o que os asistentes levaron un sorriso para as súas casas.



Na Biblioteca Municipal de Lugo celebramos o Día da biblioteca con Olga Abad, de Intres Teatro, e a historia de “Maruxiña e a busca da palabra no tempo”.

Unha historia na que a súa protagonista emprende unha longa viaxe para atopar a biblioteca máis antiga do mundo e que os nenos e nenos seguiron con moito interese.

Anxo Fariña asistiu a B.M da Coruña ” Sagrada Familia” para falarnos do que é o Mindfulness e cómo aplicalo á vida cotiá utilizando a ilustración.


O martes 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca coa actuación de Galeatro co espectáculo “Comechíns, segundo prato”. Disfrutamos de libros e contos que nos ensinaron a comer un pouco de todo, a ter en conta as intolerancias e alerxias ós alimentos etc. 
Celebramos o Día das Bibliotecas con esta actividade tan doce e apetecible. O cociñeiro e a pasteleira contáronnos a súa historia de amor chea de contos e de mazás asadas. Ao rematar os contos tivemos un obradoiro onde os nenos e nenas elaboraron cadansúa magadalena de pasta de azucre “fondant”.




Séguenos