Contamaxias do Mago Paco
O mago Paco veu As Neves este domingo 25 ás 19:00 para realizar o seu Contamaxias para os nenos e nenas das Neves. Que ben o pasaron coa súa maxia diveretida!


O mago Paco veu As Neves este domingo 25 ás 19:00 para realizar o seu Contamaxias para os nenos e nenas das Neves. Que ben o pasaron coa súa maxia diveretida!


Aínda que moitos non o saiban, as bibliotecas están cheas de segredos.
Entre os andeis, ocultos nos libros, escóndense misterios, maxia, ou aventuras.
O 23 de maio, Frumario o bibliotecário ensinou a máis de 50 nenas e nenos do Colexio Sada e Contornos a atopar todos os segredos que hai na biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada.

Todos gozaron unha chea dunha actividade coa que aprenderon e divertíronse ao mesmo tempo.
Polo Correo do Vento achegou á Biblioteca do Grove o seu espectáculo “Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas“.
Contaron as biografías das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, fixeron un gran mural relacionado e cantaron as pezas das propias homenaxeadas.

Para rematar cada asistente debuxou unha caricatura dunha pandereteira.


O día 23 de Maio a Biblioteca Concepción Arenal de Miño Tivo a honra da visita de Fuco, un dos ratos de Lonxedetodo que nos fixo pasar unha divertida tarde de contos, cancións e poesías.
O numeroso publico que veu a esta sesión pasouno fenomenal con “Viaxes e Cancións dos Ratos de Lonxedetodo” de Trinketrinke.

O pasado sábado 24 de maio viaxamos directas ao espazo! Da man de Trémola Teatro as nenas e nenos descubriron a dúas mulleres fascinantes que fixeron historia máis alá da Terra: Valentina Tereshkova e Sara García Alonso. A través da imaxinación, o humor e a narración, a nosa protagonista achegounos o soño de converterse en astronauta… e tamén o de atopar a mellor mascota do universo! 🐾✨

O pasado venres 23 de maio gozamos da proxeccións de dúas curtametraxes: “Os defuntos falaban Castelao” baseada nun relato de Ánxel Fole, e ” Good night Mon ami” inspirada na obra de Castelao, presentadas e explicadas polos seus directores.
A actividade tivo unha moi boa acollida entre a nosa rapazada.

Onte tivo lugar na nosa biblioteca o espectáculo Bibliocanta de Eduvía, no que os pequenos acompañados das súas familias desfrutaron bailando e cantando cancións populares galegas

Hoxe Xiada e Miguel de Animar-T acompañáronnos para descubrirnos, coa axuda de todos os animáis da súa casa, porqué golpeaba tódolos días un paxariño na súa xanela. Cantamos, bailamos e descubrimos o motivo polo que ía o paxariño á súa xanela

Nenos, nenas e familias gozaron dunha divertida actuación de Batucado & Emusin. Xuntos aprendemos a importancia da amizade como medio para acadar grandes logros. 



Este venres 23 de maio realizamos una divertida representación de artes escénicas. O lugar para a representación foi a casa da cultura de San Sadurniño, para poder albergar a moitos nenos e nenas do colexio (C.P.I. San Sadurniño).
O espectáculo chámase “Dende Rosalía ata as Cantareiras”. Da man de “A Xanela do Maxín” e, a través de proxeccións, chistes e historias coñecemos a todas as mulleres ás que se lles dedicou o día das letras galegas. Tamén se proxectaron diferentes expresións artísticas e ata se tocaron algunhas pezas. Aos nenos e ás nenas encantoulles, aprenderon moito e pariciparon de forma activa neste espectáculo.


Séguenos