Catalina Lino Lina coas escolas infantís de Lañas, San Vicenzo e Aro


A Escola de Educación Infantil de Lañas do Concello da Baña acolleu o pasado venres, 29 de setembro de 2017, ás 12.00 h, o espectáculo teatral ‘Catalina Lino Lina’, unha actividade na que participaron as escolas de educación infantil de Aro (14 alumnos e alumnas), San Vicenzo (38 nenos e nenas) e Lañas (6). A actividade foi todo un éxito e gustoulle moito tanto ao alumnado como ao profesorado . Dentro da súa actuación, Catalina deleitou o público cos contos de ‘Carapuchiña ‘, ‘Simbad’ e ‘Alicia’. Grazas Catalina por facer voar a imaxinación dos nosos cativos e cativas!





















Séguenos