“Bibliocanta” na biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Culleredo

O día 18 de abril tivo lugar na nosa biblioteca Xosé Cardeso Liñares, una actividade para bebés. Nenos e pais cantaron, bailaron , xogaron coas cancións do cancioneiro popular galego.


O día 18 de abril tivo lugar na nosa biblioteca Xosé Cardeso Liñares, una actividade para bebés. Nenos e pais cantaron, bailaron , xogaron coas cancións do cancioneiro popular galego.


Xurxo Souto cunha adaptación do seu espectáculo Océano para Terrícolas pechou na Biblioteca Municipal Ágora de A Coruña unha actividade de colaboración de varias sesións entre o colectivo da UDC 1AUN máis a Asociación de Veciños Loureiro de Visma e o CEIP San Pedro de Visma que serviu para coñecer mellor a historia, toponimia, sons e evolución do barrio no que viven.
O 19 de abril estivo con nós na biblioteca de Noia Raquel Queizás, Raquel amosou unha excelenete conexión cos cativos, ilustrounos con distintos instrumentos musicais populares de varios continentes, Kalimba de Africa. Marca de America Latina, Matófono instrumento Rioplatense, poidemos escoitalos e tamen participar directamente coas nosas mans.
Preciosa foi a interpretación dos distintos aparellos cotidians que temos nos nosos fogares, a través das súas verbas convirteunos en animais, divertímonos moito.
Grazas Raquel.

Un coleccionista de sombreiros, conta contos e historias que lle sucederon a varios sombreiros que el custodia a maiores e nenos en Boimorto.

Comeza sinalando as diferentes acepcións da palabra “cómic”/ “banda deseñada”, nas distinta linguas.
Remítenos á historia da banda deseñada, aos seus principios, ata adentrarnos na súa propia linguaxe. Vai facendo un paralelismo entre o cine a banda deseñada, con especial fincapé na importancia de comunicar con imaxes.
Os silencios, a viñeta, os bocadillos, globo, delta, cartucho, liñas cinéticas. As elipses, os distintos tipos de planos…Claves a ter en conta á hora de realizar un cómic.
Vai intercalando teoría e práctica dunha maneira moi fluida.
Actividade moi ben conducida por Xosé Tomás na que se adquiren gran cantidade de coñecementos dunha maneira moi lúdica. Ademais, fai suscitar un enorme interés polos fondos de banda deseñada que hai na biblioteca.


Comeza definindo o termo “banda deseñada” e como se denomina nas distintas linguas.
Continúa facendo unha breve historia, remitíndonos aos principios, para adentrarnos na súa propia linguaxe: os silencios, os globos e o delta, a viñeta e as súas clases, as liñas cinéticas, os bocadillos. Ddetense nos planos, analizando os diferentes tipos con exemplos prácticos.
Xosé Tomás fai especial fincapé na creación dos personaxes. Neste punto realiza un exercicio práctico no que a mocidade terá que ir situando en dous óvalos nos que só están trazadas as liñas de contorno, os distintos elementos do rostro. O resultado son dous rostros moi diferentes.
Aporta claves moi interesantes para a creación dun cómic. Ademais fai suscitar interés polos fondos que hai na biblioteca.
Actividade moi ben valorada polos asistentes e na que demandan máis tempo.

O venres pasado os máis cativos da casa pasaron unha tarde do máis divertida da man de Bea Campos e Davide González, que entre arrolos e contiños fixeron voar a nosa imaxinación… Unha sesión chea de historias, das de toda a vida e das novas, e na que non faltou tampouco a música coas fermosas melodías do acordeón ou o xilófono!

Encontro coa literatura brasileira
Co motivo das celebracións do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil dedicado a Monteiro Lobato e específicamente á literatura do Brasil, Felipe Díaz e a Trastenda dos Contos adaptou unha proposta en relación á literatura portuguesa e/ou autores brasileiros premiados co Hans Christian Andersen para o tramo de idade de 9 a 13 anos.


Guitián e Leandro comezan definindo que é o humor gráfico para deseguido facer un percorrido polos grandes humoristas gráficos, comezando polas viñetas de Castelao, Chumy Chúmez e Forges.
Continúan co humor en prensa, con mención especial de Ann Telnaes, Xaquín Marín e Mordilla, pasando polo humor negro de Joán Cornellá, ou o gran Liniers coa súa serie “Macanudo”. Así, ata chegar ao humor gráfico con e a través do móbil, “memes” e “trollfaces”.
O obradoiro remata cunha parte práctica, entregando a cada participante imaxes de personaxes famosos co seu nome e un lugar para que cada alumno coloque unha cita ficticia en clave de humor.
Actividade cunha valoración excelente polos participantes.
En resumo, un obradoiro que resulta moi interesante e atractivo para realizar coa mocidade.
O venres 15 de abril o grupo Xanela Ocio visitou a Axencia de Lectura de Vilasantar, onde os nenos disfrutaron de 3 contos moi divertidos e entretidos


Séguenos