Contacontos con moi boa posta en escena, na que se contaron varios contos con Catalina Lino Lina, personaxe que saiu dun conto para estar unha tarde cos nenos de Cabana de Bergantiños.
A actividade foi un exitazo. Os nenos/as e as familias quedaron encantadas. Como fixo mui bo tempo fixose a actividade na praza a carón do Centro Sociocultural e houbo unha gran asistencia (ao redor de 170 persoas). Unha vez máis fixo participar á rapazada moi activiamente no espectáculo e disfrutaron moito cantando e bailando durante a hora que durou…
“Pura palabra” é simple oralidade, una función a cargo de Sole Felloza sen artificios pero moi xestual, son contos con moita moralexa e cancións participativas para os máis cativos.
O xoves, 8 de decembro pasámolo estupendamente cun obradoiro de monicreques, organizado por Viravolta, a partir de papeis de cores fixemos un monicreque seguindo as instrucións que Anxo marcábanos e a nosa imaxinación.
O día 8 de outubro tivemos a actuación de Larraitz con Babamor. Contos sobre os diferentes tipos de familias con historias de libros como O crocodilo e a xirafa, acompañados de cancións do libro Tic Tac, entre outras.
O público estivo moi participativo cantando e escoitando atentamente.


A rapazada asistente e os pais e nais quedaron sorprendidos dos contos de cociñeiros. Ao remate leváronse os sabores doces das magdalenas adornadas por cada participante.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Os rapaces e rapazas de Pastoriza gozaron dunha tarde de maxia e música por conta de Álvaro Muras e Martín Camiña, tódolos números que poñía en práctica Martín transcorreron acompasados coa música do baixo que tocaba Álvaro.
Algúns dos asistentes a función exerceron de axudantes de mago e todos se divertiron con unha actuación con moito humor, música e maxia.
O día 28 de setembro, arredor de 80 nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, dos CEIPS San Isidro e Maciñeira, coñeceron o Recuncho dos contos de Pinga Teatro. Unha actividade moi dinámica, na que cantaron e bailaron, e da que foron partícipes directos na narración. Un pracer para todos poder desfrutar dunha actividade tan divertida.
O mércores, 7 de outubro, visitou Leo Leiño a biblioteca co seu espéctaculo de maxia divertida e sorprendente. Destacar en primeiro lugar o gran montaxe escénico de música e luces que captou a atención do público familiar que abarrotaba a sala. Xogos sorprendentes que obrigan a abrir os beizos nun primeiro Oooohhhh¡¡¡…. que xa non remata ata o final do espectáculo.

Maxia Cómica. Leo Leíño


Leo transpira pasión pola maxia e eso é o que transmitiu aos nenos e nenas que onte asistiron á sesión na biblioteca, toda esta pasión convertiuna, nun último xogo visual, en enerxía que o público lle achegou en forma de pequenas boliñas máxicas de cores que Leo enguliu, deste xeito retornará noutra ocasión á nosa biblioteca con enerxías renovadas. Todo dun xeito gracioso con grandes doses de humor.





Séguenos