O pasado, 27 de outubro, para conmemorar o Día da Biblioteca recibimos na Axencia de Lectura Municipal de Areas (Ponteareas) a “Os Contos de Pablisimo” coa actividade “¡RÁS! Contos Batracios”, cunha serie de contos curtos donde os animais son os protagonistas, entre eles “Raniñas nun coche”, “Sapo e Sepo”, etc, participando os nenos cantando e repetíndoos co artista.
Contos batracios sobre a amizade, a solidariedade, a ecoloxía e biodiversidade, contados a través de monicreques, Kamishibai, láminas, cancións e miniaturas.
Ao final recalcou que tódolos contos que contou están na biblioteca co cal animaba a tódalas/os nenas/os e aos papás que vaian sempre á biblioteca a ler ou coller un conto.
Durante os 40 minutos que durou a sesión pequenos e maiores pasámolo moi ben e participamos activamente da súa actuación. O resultado foi excelente.





Foi unha actividade amena e divertida onde os nen@s de Xermade aprenderon outros xeitos de buscar información en Internet, usando metabuscadadores e outros recursos descoñecidos para eles. A través dun entretido xogo de pistas e cos nenos distribuídos por equipos equilibrados foron conseguindo as respostas para resolver a clave final que lles permitiu chegar ao tesouro.

Este sábado 24 de outobro, na ALM de Os Tilos celebramos o Días das Bibliotecas desfrutando dun clásico como “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos Teatro. Apoiado por monicreques, a xente grande e pequena que abarrotou a biblioteca pasouno en grande con esta divertida adaptación. Dende logo, non poderiamos pensar en mellor maneira de celebrar un día tan sinalado.

O día 21 Magín Blanco trouxonos á nosa biblioteca os seus libros e cancións facéndonos pasar una tarde moi amena e participativa.
O sábado 24 de outubro, para festexar o ” DÍA DA BIBLIOTECA”, chegaron a Mos o Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa. A modo de teatro fixeron os nenos-as asistentes partícipes da súa romántica historia de amor. Para rematar estimularon a creatividade dos cativos-as cun obradoiro de pasta de azucre, aprendéndolles a decorar magdalenas coa novedosa pasta de azucre “fondant”.




O 27 de outubro tivemos una tarde chea de música e ledicia en Oleiros coa grata visita de Magín Blanco, consagrado músico e compositor da Rúa.
Amenizounos cun montón de cancións e historias: A nena e o grilo, Gatuxos, María Fumaca, Xiqui Xoque, Fiúfiú, libros- cds do artista ou colaboracións del.
O día 27 de outubro, recibimos na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”, a Fran Alonso coa súa obra “Poetízate”. Poesía que conecta a propia realidade con pequenas doses de fantasía, sobre temas de amor, natureza, sobre Galicia, sobre a terra, sobre a saudade, que gustou moito os nenos e os pais, amosando que é un xénero moi entretido e que transmite moitos sentimentos.

Na Biblioteca de Quiroga conmemoramos o Día da Biblioteca cun obradoiro de títeres de persoaxes de contos clásicos, a cargo de A Xanela Ocio. Na actividade participaron vinteseis nenos e neanas en idadades comprendidas entre os 4 e os 12 anos . O persoaxe elixido foi Caparuchiña Vermella. A través deste obradoiro fomentamos o interés pola lectura, a apredizaxe de diferentes coñecementos e habilidades nun contexto de interacción social. Cada participante elaborou o seu títere de Caparuchiña Vermella que logo levaron para a súa casa.
Sen dúbida foi unha tarde entretida e interesante.
O 24 de outubro visitounos Magín Blanco , para celebrar o día da Biblioteca, e trouxonos as súas hitorias das súas viaxes: “Libros en-cantados”.
Tanto pais como nenos disfrutaron da xornada de animación, e poideron viaxar coas historias e cancións de Magín.


Séguenos