Na tarde do venres 18 de setembro celebramos na A.L.M. Da Capela o inicio do curso escolar con Leo Leíño , nen@s e maiores pasáronno xenial mostrandose voluntarios para participar nos números de maxia que representaron.
Nesta singular actividade, os nenos/as percorrerán un itinerario destinado a descubrir recunchos da nosa vila (Praza Maior, Praza do Cigarrón, a rúa do Pozo, e a Praza da Mercé) e gozar con fermosos versos de poetas galegas. A maiores, os/as participantes tamén gozarán dun xogo no que un gran dado decidirá o que imos escoitar! Rosalía? Filomena? Avelina? Berta? Antía? …
“Entre rúas e versos”, está destinadas a un máximo de 50 socios/as, de entre 3 a 9 anos, e trátase dunha actividade moi peculiar na que os nenos/as seguirán un itinerario poético cultural no que se le camiñando.
Os/as pais/nais interesados nestas actividade teñen a súa disposición máis información na web da biblioteca: www.bibliotecadeverin.es e no facebook da mesma.
Migallas goza dunha grande popularidade entre o público infantil de Moaña, así que a nosa biblioteca a duras penas puido dar cabida a tanta concorrencia cómplice. As cancións e a narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, fixeron as delicias de pequenos e maiores
A “Asociación Lucense de Tempo Libre” realizou en Coirós unobradoiro de escritura romana no que os asistentes aprenderon a escribir empregando materiais típicos da época romana (pergameo, pluma, cana…).
Gozaron grandes e pequenos.
O 4 de setembro, Xanela Ocio estivo na Biblioteca Municipal de Muxía, cunha actividade de animación á lectura. Os nenos e nenas de Muxía disfrutaron moito dos contos e títeres, e os papás e mamás tamén.
A BPM de Celanova ven de rematar o obradoiro O lápis máxico cunha moi boa acollida por parte dos nenos. É unha actividade lúdica que tenta promocionar a creatividade dos cativos. Pasáronno tan ben que se lles fixeron poucas as sesións.


SANYO DIGITAL CAMERA



Montse Rivera na biblioteca de Ponte Caldelas
Na tarde do mercores tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas o contacontos Conto Express no que Ranpunzel e Grettel Chanetti chegaron en bicicleta a biblioteca con contos express e precisaronn da colaboración dos nenos e nenas de Ponte Caldelas para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. Os rapaces disfrutaron coa activudade. E de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silen
ciosos.
O luns 24 de agosto as 10.30h realizouse un obradoiro dentro do programa “Ler conta moito” na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña, impartido por Manel Cráneo. Os 15 nenos que participaron con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos, deseñaron personaxes que posteriormente trasladaron a chapiñas que levaron consigo para a casa.
Alén diso tamén puideron comprender a Saga de Pichük e todos os personaxes do Planeta Mincha de mans do propio autor: escoitaron a narración dunha das obras, ollaron os borradores das ilustración e visualizaron o tráiler dos futuros debuxos animados etc.


Séguenos