Maxia Cómica na Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 3 de outubro, tivemos o pracer de contar na biblioteca de Mera (Oleiros) con Leo Leiño e o seu espectáculo “Maxia Cómica” no marco do programa Ler Conta Moito.
Con maxia e sobre todo moito, moito humor Leo conquistou nun abrir e pechar de ollos ao seu público. A contadora amosounos unha corda voante, un can que muda de cor, libros que botan lume e unha chea de cousas máis. A sesión destacou pola alta participación e logrou espertar o interese das nenas e dos nenos polos libros de maxia dispoñibles na biblioteca.
Non quedou nin un nos andeis!!!























Séguenos