o mércores 1 de outubro ás 18:00 horas actuación de Raquel Galavis con Cantacontos en Meaño, donde a terceira idade disfrutou dos contos contados e cantados ao mesmo tempo que interpretados.

O xoves 2 de outubro, a compañía A illa dos nenos, trouxo a maxia mesturada coa ciencia a nosa biblioteca. Unha científica retou a un mago con experimentos sobre cores, astronomía, matemáticas…etc, e este respostou cos seus xogos de maxia.
Tanto os maiores coma os nenos e nenas gozaron coa actividade participando, activamente, na mesma.

O duende “DADA” transportou @s máis cativos a un mundo cheo de máxia dende a Biblioteca Municipal de Carballedo, a través de contos que despertaron a súa imaxinación.

O martes 30 de setembro ás 18:30 Leo Leiño chegou á nosa biblioteca, asombrando a nenas e nenos cos trucos cheos de risas e ledicia da súa “Maxia Cómica”.
Durante 70 minutos a biblioteca estivo enchida da maxia e diversión que nos proporcionou Leo, xunto aos aplausos e ovacións do público asistente, e a inestimable participación de todas e todos os aspirantes a magos que colaboraron con ela, que foron premiados con auténticas variñas máxicas pola axuda prestada.


A ratiña Lily como todos os Ratos de Lonxedetodo (Ratos de Biblioteca), é unha gran afeccionada á lectura, pero tamén coida a súa alimentación e segue a máxima clásica: “que os teus alimentos sexan as túas menciñas”. Por iso na súa visita tráenos hábitos saudables na alimentación.

E así, cantando e contando, Lily deixounos as súas “Aventuras na Cociña”, contacontos teatral protagonizado polos Ratos da Biblioteca.
Consultar enlace ao evento no Facebook da biblioteca.
O pasado 6 de setembro visitounos na biblioteca Olga Abad para contarnos o conto O Soño do rato, onde temos a César un rato moi medroso que ten que pasar por moito antes de chegar á estación do tren para facer realidade o seu sono.

O conto veu acompañado da creación de sombras chinescas e moitas máis diversións para axudar a César a viaxar no tren que nos trae os libros ás bibliotecas. César perdeu o medo grazas a axuda de todos nós.

Consultar enlace ao evento no Facebook da Biblioteca.
Durante o mes de setembro, 10 rapazas e rapaces, da ESO, gañadoras/es do Certame escolar de RadioNovela participaron no Obradoiro de creación sonora. Ao longo das cinco sesións nas que se desenvolveu a actividade puideron aproximarse: ao radi
oteatro dende a nosa biblioteca municipal, técnicas vocais, e a elaboración da súa propia ficción sonora que en próximas datas emitarase na Radio municipal de Cerceda. Unha experiencia única e moi motivadora
A Biblioteca Pública Municipal de Poio, recibiu unha grata visita de Dada o Duende o domingo 28 de setembro.
Grazas o grupo Eduvia por echer de ilusión os máis pequenos.

O luns, días 29 de setembro, tivemos a gran sorte de poder presenciar e participar no gran espectáculo que nos deron tanto Martin Camiña como Álvaro Muras. Todos os asistentes, tanto cativos como maiores, desfrutaron coa maxia e a música de Maxicosons.
Un espectáculo dinámico, entretido , divertido e diferente.



Séguenos