O 25 de abril, dentro das celebracións do Día Mundial do Libro, recibimos a visita de Fátima Fernández que nos trouxo a actividade “Érase unha vez uns zapatos…”. Fátima contounos varias historias e os pequenos divertíronse un montón.
O día 23 de maio, ás 19.00 do serán, visitounos na nosa biblioteca unha princesa cunha maneira moi orixinal de contar os contos.
Contos tradicionais totalmente renovados, cambiando o papel tradicional dos personaxes. Fomentando a igualdade e o respecto.
Os participantes no programa LEER CONTA MOITO disfrutaron dun espectáculo de animación a lectura con contacontos, títeres e maxia. O obradoiro resultou interactivo, dinámico e divertido para todos os nenos.
Esta actuación que se desenvolveu o día 17 de maio, está ancadrada na XV Semana das Letras Galegas, organizada pola Biblioteca Municipal e o Concello de Bergondo.
Actuación baseada no conto do mesmo nome, onde Chrystian Magic, da súa chistera sacou dúcias de xogos de ilusionismo que reviviron as aventuras do seu protagonista e do vello Mago Bosco. As súas aventuras transcorreron perdidos nos laberintos que atravesaron o chan dun castro e do gran bosque que o rodea e… que está protexido por mouros! Chrystian intentou descubrirlle aos asistentes a ilusión, a fantasía e a maxia que se esconde en todos os libros e na lectura só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade.



O día 23 de maio 32 nenos de 10 a 12 anos disfrutaron do obradoiro de Ilustración a cargo de Oscar Villán, explicando o proceso de ilustración dun libro a través do seu traballo e tamén tomando coma referencia o traballo doutros autores con estilos diferentes.
Esta actividade que se desenvolveu o 16 de maio, está encadrada na XV Semana das Letras Galegas, organizada pola Biblioteca Municipal e o Concello de Bergondo.
Soledad Felloza da man da palabra e a oralidade, levou ao público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade de Ferro: a dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora casi descolecida.
Asistiron os rapaces escolarizados en Educación Secundaria, no C.P.I. de Cruz do Sar e mestres: 170 persoas.


ar e
Esta Actuación que se desenvolveu no concello de Bergondo o 15 de maio, está encadrada na XV Semana das Letras Galegas organizada pola biblioteca Municipal e o concello.
Catalina Lino Lina transmitiulle aos asistentes a paisón polos libros. Contou como, farta de agardar a que alguén abrise as páxinas do libro no que habitaba para poder cobrar vida, decidiu escapar para vivir as súas propias aventuras.
Asistiron 251 rapaces de Educación Primaria.



O xoves 22 de maio, nunha sala repleta de nenos e nenas moi atentos, Marisa irimia narrou “Contos de marmeleiro, anís e limón”: unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais. A actividade estivo moi axeitada as idades dos nenos.
Polo Correo do vento achegou ata a Axencia de lectura de San Vicente un divertido contacontos ilustrado no que se realizaba unha maridaxe entre a narración e a ilustración: mentres o narrador contaba a historia, o ilustrador realizaba un mural relacionado coa historia que se relataba.
Ao rematar o conto fixeron unha pequena rolda de prensa durante a cal os asistentes podían facer preguntas, realizar comentarios ou expoñer as súas queixas.
A actividade completouse cun mini-obradoiro de ilustración no que grandes e pequenos aprenderon a debuxar as personaxes da historia guiados polo ilustrador.
Finalmente, entre todos os nenos e nenas, colorean as escenas do conto realizadas polo ilustrador.
Unha fantástica mañá de sábado na Axencia de Lectura de San Vicente


Séguenos