Co gaio da celebración do Día da Poesía , o artista Carlos Coira fixo as ledicias de cativ@s e maiores cun fantástico espectáculo de maxia, teatro e poesía, onde a palabra foi a protagonista.

O 21 de marzo, día da poesía, a agrupación Etnoga visitou a Biblioteca. Xunto cun grupo de rapaces do IES “Aquis Celenis” leváronnos a gozar dun roteiro poético polo pobo onde coñecemos un pouco mellor ás nosas poetas máis recentes.
O Xoves 20 de Marzo as 9:30 Fátima Fernández visitou os nenos do colexio público de Maceda dene 3 e 12 anos sobre 185 alumnos repartidos en duas sesións os mais pequenos disfrutaron dos seus contos susurrados e os mais grandes das suas historias de tradición oral.
O artista Magín Blanco ofreceu un concerto o sábado 22 de marzo ás 19:30 horas, incluíndo diversos temas dos libros nos que colaborou (Rosalía Pequeniña, María Fumaça, A nena e o grilo…). A actividade desenvolveuse na Biblioteca, logrando un éxito de público e conseguindo animar tanto a pequenos como aos adultos.
O pasado venres, a Biblioteca municipal de Cerceda retomou a súa programación de actividades de dinamización da lectura e do libro coa primeira actuación incluída no Programa Ler Conta Moito 2014. Trinke-Trinke encargaouse de encher de novos contos a nosa Biblioteca
Hoxe, a partir das 17:15 horas, a Biblioteca municipal de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos cun espectáculo de Trinke-Trinke.
O mércores 19 de marzo, ás 18.30 h. Ana Hermida da Asociación Lisistrata visitounos na Biblioteca de Santa Cruz co espectáculo “Contando en feminino.”
A partir dos seguintes contos : “Historia dos bonobos con lentes”, “A princesa Carlota e o seu dragón mascota”, “Artur e Clementina” e “As cores”, contados desde a perspectiva de xénero e igualdade, xógase cos roles femininos, de xeito que non estean representados só os que son tradicionais nos contos, senón algo igualitario nos que as/os protagonistas o sexan desde o punto de vista da igualdade e da cooperación en todas as facetas da vida.

A actividade completouse coa mostra bibliográfica que sobre “Libros para a igualdade, libros de Adela Turín” espúxose na sala infantil da biblioteca.
Interesantes obradoiro no que os participantes crearon perxoases baseados no seu contorno. Incluso inventaron algúns guións!!
Formas de celebrar o entroido nos distintos pobos do mundo, mediante xogos e actividades relacionando as palabras de diferentes idiomas.

cartaz yolanda castaño
Yolanda comunicou os seus versos dun xeito moi atractivo, coa sua maneira de recitar e o diálogo coa linguaxe audiovisual, fixo disfrutar ao público asistente.


Séguenos