“Violeta carteira bolboreta” na Biblioteca Municipal de Lugo

O 9 de maio os dous autores da colección de contos “Polo correo do vento”, Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Taboada (Pin) ofreceron na Biblioteca Municipal de Lugo unha actividade de animación á lectura, dentro do programa Ler conta Moito.
A sesión estaba destinada non só á animación á lectura senón tamén a concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o respecto e a protección do medio,
Ademais de todo iso, quixeron que os asistentes se animaran ao debuxo. Así comprobaron que si che explican paso a paso cómo se realiza un personaxe, é moi sinxelo debuxalo. De feito moitos deles sorprendéronse do ben que lles quedou o debuxo que fixeron.
Como remate, entre todos realizaron tres murais que na actualidade decoran a biblioteca.











![22 xuño 009 [1280x768]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2013/06/22-xuño-009-1280x768-300x168.jpg)
![22 xuño 007 [1280x768]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2013/06/22-xuño-007-1280x768-300x225.jpg)





Séguenos