A biblioteca municipal de Vimianzo acollía o Sábado día 22 o contacontos de Raquel Queizás “Historias de Maletra”, un espectacúlo que conseguiu manter a atención dos numerosos nenos e nenas que participaron na actividad.
Raquel Queizás soubo manter en cada unha das historias a intriga e cautivar a atención dos presentes que participaron xunto coa contadora cando a historia o requería.
Unha actividade lúdica que achega aos máis pequenos ao mundo dos libros e das bibliotecas.
O nenos e nenas dos centros escolares e as escolas unitarias do concello de Vimianzo encheron o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo para despedir o curso escolar cunha exitosa actuacion de Marta Ríos, que interpreta a “Pequena”. A portagonista contanos historias nas que podemos descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden ser as cousas grandes.
Escolares e mestres gozaron dunha divertida función, dentro do progrma ler conta moito, que soubo entreter aos presentes cunha actividade lúdica e educativa ao mesmo tempo.
O 16 de maio tivemos a Sherezade en Muros con “Onde viven os monstros”, veu dentro das celebracións que facemos entre a bril e maio. Era a primeira vez e gustoulle tanto os nenos como aos pais. A pesar das diferentes edades dos nenos e de que había moitos os mantivo atentos ás historias.
O 16 de maio fixemos a celebración do remate do contacontos que facemos nunha pequena axencia de lectura que temos en Louro (Muros) con Raquel Queizas. Raquel, como Pavís-Pavós, é fixa e sempre funciona. A xente cantou e bailou con ela, os nenos encantados e os país tamen.
O 15 de maio estivo Pavís -Pavós na axencia de lectura de Esteiro (Muros). Son un valor seguro, a xente está encantada, aínda que veñan tódolos anos. Con eles rematamos as actividades do Contacontos semanal na axencia de lectura.
O día 25 de abril tivemos na biblioteca de Muros a Pablo, “Pablísimo”, no contacontos que facemos todas as semanas. Pero foi un día especial xa que celebramos a Festa do Libro, na semana seguinte faríamos a festa do aniversario de Andersen.
Tanto nenos como pais pasáronno moi ben, quedou reflexado na enquisa, aínda que lles pareceu corto, querían máis.
Durante o mes de abril e maio facemos distintas actividades para celebrar as distintas celebracións. Este ano, con colaboración dunha compañeira de turismo, fixemos excursións para coñecer historias do noso pobo.
Manel Cráneo imparte un segundo obradoiro na Biblioteca Municipal Os Templarios, o día 26 de abril. Neste caso ao alumnado de 3º E do IES Afonso X O Sabio, de Cambre.
Comezamos facendo unha breve presentación de Manel Cráneo, cun percorrido pola súa obra e as súas publicacións, todas existentes na biblioteca e dispoñibles para préstamo.
A continuación, móstranos, a través dun Power Point, o álbum A Torre dos Mouros, con todo tipo de detalle, así como o proceso de creación. Vai intercalando as explicacións con pequenas prácticas para o alumnado, mesmo utilizando o xogo das disferentes maneiras de resolver unha determinada páxina.
A última parte do obradoiro consiste na realización dunha páxina de cómic, según un guión que lles proporciona.
Manel Cráneo propón, como actividade de continuidade, a realización dun cómic de xénero histórico, baseado na Orde do Temple, na ponte do Burgo, ou similar, aproveitando a ubicación da Biblioteca Os Templarios neste lugar. Para isto valeríanse de publicacións da biblioteca ou de restos arqueolóxicos existentes.
O día 26 de abril, tiveron lugar na biblioteca dous Obradoiros de banda deseñada, a cargo do debuxante Manel Cráneo, dentro da programación de Ler Conta Moito. Estes talleres dan continuidade ao programa Abrilustrado das Bibliotecas Municipais de Cambre.
O primeiro taller, dirixido ao alumnado de 3º C do IES David Buján de Cambre, tivo unha primeira parte teórico-práctica a fin de ir situando ao alumnado no contexto e na linguaxe do cómic: os tipos de bocadillos, os diferentes planos, a importancia das onomatopeias… Todo isto intercalado con pequenas prácticas.
A segunda parte do obradoiro apoiado nun Power Point, vai presentando en imaxes o álbum A Torre dos Mouros, con todo tipo de explicacións, tanto de documentación histórica como de realización técnica. En determinados momentos, para as imaxes e , antes de pasar páxina, propón ao alumnado a posible resolución dunha situación. A continuación compáranse os resultados.
A última parte consiste en tratar de realizar, brevemente, unha páxina de cómic, a partir dun guión previo.
Dado que a Biblioteca Municipal Os Templarios está moi pretiño da Ponte do Burgo, onde se atopan ao descuberto parte das arcadas da primitiva ponte, e sabido que foi lugar de relevancia histórica, Manel Cráneo propuxo ao alumnado realizar, a posteriori do taller, un cómic de xénero histórico, baseandose nas referencias existentes sobre o entorno.
Ademais, recálcase a importancia de visitar a exposición dos orixinais da Torre dos Mouros, que se atopaba na Sala de Exposicións da Biblioteca Central de Cambre.

Sesión de contacontos na biblioteca o venres 21 de xuño ás 18:00 h.
O contador Inacio Vilariño de nome artístico Fantoches Baj conquistou a grandes e pequenos con Rodar e Rodari (Contos do Tranvía) e a súa combinación de teatro, monicreques e cancións. Creou un bo estímulo para a imaxinación e a creatividade.
E como este espectáculo de narración oral utilizou a tradición dos contos de Gianni Rodari decidimos facer unha selección bibliográfica, das obras deste escritor e xornalista italiano, expoñéndoas na Sala Infantil da biblioteca e animando aos rapaces a ler obras como: “Contos ó teléfono”; “Contos para xogar”; “Inventando números” ou “Ricardo o escultor”.


Séguenos