Cris de Caldas na Biblioteca de Portonovo



Ao sol,
que carexa compracido
este banco de xardín
volve o sosego
Que é case sono,
unha vontade de dormir desperto,
Este mércores o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago recibiu unha sorpresa moi especial: a visita de Luísa Villalta… a homenaxeada polo Día das Letras Galegas no 2024.
Unha xornada inesquecible na que a música, especialmente o violín, o instrumento preferido da nosa escritora, foi acompañando os versos e as anécdotas que a actriz Helga Mández, na pel de Luísa Villalta soubo facer, coa súa interpretación un verdadeiro acto poético.
Un pracer Luísa, ata sempre.


O xoves, 16 de maio, Sheila García Prado, de Costa Oeste, desenvolveu un interesante obradoiro sobre Luísa Villalta, a homenaxeada polo Día das letras Galegas 2024. Empregando a técnica do zentangle achegou a figura da destacada escritora galega á cativada participante. Unha actividade moi orixinal que agradou aos nosos/as pequenos/as lectores.

O pasado Venres 3 de Maio ás 13:00 horas tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo “O LIBRO VIVO” de Expresións Producións, unha actividade que forma parte do programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos e do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia) en colaboración cos concellos galegos titulares dalgunha biblioteca ou axencia de lectura públicas integradas na rede de bibliotecas de Galicia.
“O LIBRO VIVO” foi un espectáculo de contacontos teatralizado con monicreques, cancións e maxia no que o libro foi o fío do mesmo; cheo de ilusión e maxia, dun libro xigante, vivo, sairon moitísimas sorpresas: personaxes, contos… Un espectáculo interactivo, dinámico e divertido.
Asistiu a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, que o pasaron estupendamente ben.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
O martes 23 de abril tivemos connosco a Raquel Queizás para festexar o Día do Libro!
Raquel trouxo o seu espectáculo “A Orixe”, que fixo as delicias tanto de grandes coma cativos, e máis de un voluntario rematou no chan 😉

Foi unha sesión moi amena e divertida, e tamén moi participativa, xa que cantamos, bailamos e algúns papás e mamás foron voluntarios para axudar a Raquel no seu conto de animais.
Ó rematar, os pequenos quixeron tocar e preguntar a Raquel polos seus “artefactos” e mesmo sacar fotos.
Moitas grazas Raquel por unha tarde moi divertida para festexar unha data tan especial.


O pasado xoves 18 Sarabela Teatro visitou As Pontes para ofrecerlles aos nenos e nenas pontesas o seu contacontos O lapis de Martín. A rapazada participou da contada e ata inventamos algunha que outra palabra nova que lle regalamos a Sabela para que Martín a leve polo mundo adiante. Pasámolo moi ben!
O martes 10 de outubro tivemos unha nova sesión dentro do mes das Bibliotecas.
Teatro Calavera achegóuse a Portonovo para ofrecernos unha actividade teatralizada e deleitar así ó público infantil asistente, pero tamén os maiores que os acompañaban.

A exploradora Jeanne Baret invitou ó público a unha misión pola selva de Pitiminí, chea de misterios e especies por descubrir, e adentrándonos na natureza salvaxe coñecemos distintos animais e diferentes historias. Para rematar coa historia da cebra Camila e como os seus amigos a axudaron a recuperar as raias perdidas.

Pasamos unha tarde moi divertida e movida, xa que houbo que pasar por distintas probas para sobrevivir na selva 😉
E rematou a sesión con cada neno e nena levando un animaliño para a súa casa.
Os alumnos de 1°e 2° da ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada participaron esta mañá nun Escape Room na Biblioteca Pública Municipal do Concello de A Fonsagrada .
Neste xogo de aventuras físico e mental a rapazada resolveu unha chea de indicios e enigmas contra o reloxo.
Este mércores, as nenas e nenos de Cambre puideron achegarse a unha visión diferente do conto popular da Carrapuchiña Vermella.


Séguenos