28/08/2019
Onte martes, tivemos a sorte de ter a Raquel Queizás na Biblioteca e desfrutar da súa proposta de igualdade, enmarcada dentro do programa de promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero.

Foron máis de sesenta cativos e cativas os que se achegaron á Biblioteca de Portonovo para participar nesta actividade. Porque ademáis de desfrutar e axudar, actuaron e riron con ganas, protestaron e cantaron… todo para comprobar que os homes e as mulleres somos iguais.
Da man de Queliña viaxamos para correr aventuras e contar historias, e demostrar que somos iguais de valentes e sensibles.

Unha proposta moi boa de Raquel que fixo as delicias dos cativos, pero tamén dos maiores que se achegaron, ou dos que por alí pasaban.
Ó remate da sesión os rapaces do PaiFill@Nai quixeron darlle as grazas cunha aperta grupal.

Agradecer a Raquel Queizás a súa visita á Biblioteca de Portonovo. Foi un pracer!
Séguenos