CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS NA BPM DE ORDES


“O GAITEIRO CABEZUDO” PECHOU A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BPM DE ORDES.


“O GAITEIRO CABEZUDO” PECHOU A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BPM DE ORDES.
Na Biblioteca Municipal “Estudios Locais ” tivo lugar un espectáculo de Maxia e Música en torno a Manuel María, o benquerido poeta homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas. Os maestros de ceremonias do evento foron o baxista Alvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña, que achegaron o público a vida e a obra de Manuel María mediante unha acertada posta en escea que combina maxia e música. Oitenta persoas, entre cativos e adultos, disfrutaron dunha hora onde tamén eles foron os protagonistas, pois axudaron a Camiña a elexir unha carta da baralla, a ocultar panos no peto e a sacar cordas dalgunha dimensión descoñecida.. 

O luns 9 de maio, na biblioteca Monte Alto, tivemos un obradoiro tan divertido como instructivo: resolvemos un caso criminal, o roubo dun valiosísimo manuscrito. Grazas os restos biolóxicos que deixou o ladrón, e tamén os coñecementos de biotecnoloxía que adquirimos con Manuel Vicente, e so usando material de cociña, descubrimos ó culpable e recuperamos o libro roubado.


A barraca de Barriga Verde fixo un alto no seu percorrido polos pobos e feiras de Galicia, para visitar a Biblioteca Municipal de Lugo.

Unha representación para conmemorar ao poeta Manuel María nestas Letras Galegas 2016



O xoves, 28 de abril, recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo aos nosos usuarios máis pequenos que acudiron a participar no contacontos de Sherezade Bardaji “Palabras confeitadas”.

Xunto á narración, sons, cores e formas, conseguiron captar o interese de nenos e nenas e mesmo dos seus pais e nais.


O mércores 21 de Abril na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano da Coruña, tivemos un obradoiro de ilustración creativa arredor da figura duns divertidos personaxes de conto: os Pelelliños.
Da man do escritor e ilustrador Anxo Fariña, neste obradoiro, enmarcado dentro do Programa Ler conta moito, inventamos novas historias e deseñamos novos Pelelliños cunha chea de debuxos e risas.
A actividade está enmarcada dentro da Mostra Bibliográfica #Ilustrarte, na Biblioteca do Forum Metropolitano, dedicada ós ilustradores galegos.
Xosé Tomás visitou a Biblioteca Ánxel Casal para impartir o seu obradoiro de Ilustración de Banda Deseñada, onde coñecimos as orixes desta arte.

Aprendimos a usar os diferentes códigos característicos, viñetas, cartuchos, elipses narrativas, pero tamén coñecimos outros como os raccords, ou a montaxe das planas.

O éxito do obradoiro veuse reflectido nas propostas dalgúns dos asistentes para os que o obradoiro debería ser continuado con talleres sobre os outros procesos posteriores ao de debuxar as historias.
Más información sobre este evento aquí.

Outra vez Magín Blacon volveu a encher a biblioteca de rapaces e rapazas coas súas historias cheas de música e humor.

Más información sobre este evento clicando aquí.
O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias do avó Casiano.

No primeiro lugar: presentar a biblioteca, falar dos nosos libros, cómo facer o carné.
Despois os contos, altos e claros. Todos moi atentos e participando neles.




Séguenos