“DIVERMAXIA” en BiblioPazos para celebrar o Día das Letras Galegas
O pasado Venres día 20 de abril e para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos na Sala de Lectura ao MAGO PAGO de A illa d@s nen@s que nos trouxo o espectáculo de narración oral e maxia “DIVERMAXIA” para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Un interesantísimo espectáculo de dinamización á lectura a través da maxia mediantes historias, contos e xogos.
O mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de maxia.
Estiveron con nos os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios de ASPAVI cos seus monitores e profesores.











Magín Blanco representou o contacontos Libros en-cantados o venres 13 de maio ás 18,30 h. na Biblioteca Municipal de Pontedeume.



















Séguenos