O COELLIÑO BRANCO NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE FOZ

TRINKE TRINKE TEATRO co “O Coelliño branco” e outros contos, cancións, máxia e lectura a través dos contos dramatizados e para toda a familia.

TRINKE TRINKE TEATRO co “O Coelliño branco” e outros contos, cancións, máxia e lectura a través dos contos dramatizados e para toda a familia.
Este venres, 7 de outubro, tivemos un obradoiro de crear fósiles de dinosauros da man de Jon e Laura, monitores de Maumuarela.
Tivo moi boa acollida por todos os nenos e nenas participantes.
No proceso estiveron atentos os pasos a seguir, asi como na súa elaboracion.
Tarde especial, participativa e dinámica de experimentación .


O venres, 7 de outubro, a biblioteca de Mera (Oleiros) encheuse de meniños/as que viñeron cargados de ilusión a escoitar e ver a un dos seus artistas preferidos. Pablo Díaz namorounos coas súas historias e, sobre todo, coa súa música.


O pasado venres día 7 de outubro, contamos na Axencia de Lectura Municipal de Domaio, en Moaña, coa compañía Elefante Elegante e o seu espectáculo “O Xigante”; unha adaptación teatral do conto de Oscar Wilde para o público infantil.
O “Xigante” fixo disfrutar a pequen@s e maiores cun espectáculo divertido e cargado de valores.


Burela, 6 de outubro de 2016. Teatro Ghazafelhos presentou ” Contos de Lobo” en BURELA. Un espectáculo interactivo onde se mesturan a maxia o circo ou a hipnose.
Da man de Xulio Varela e o dos monitores Clara, Oscar e Rosa tivemos ocasión de participar na actividade “As cousas pequenas”. Unha mestura de imaxinación, habilidade , debuxo e uso de obxectos que rematou coa elaboración dun libro colectivo nunha tarde magnífica para todos e todas.


O xoves, 6 de outubro, contamos con Xosé Luís Cousillas e o seu obradoiro Arte nos libros, neste caso dedicado ao pintor Luís Seoane.

En primeiro lugar os nenos e nenas asistiron a unha presentación sobre a figura do pintor. Esta consistiu nun breve apunte biográfico e tamén mostrou debuxos e portadas de libros e outras creacións realizadas polo autor en diferentes artes.

Despois realizaron unha ilustración de motivo mariño, inspirada nun dos debuxos de Luís Seoane. O obxectivo era realizar a ilustración sen necesidade de lapis nin pintura, simplemente dando forma ás cartolinas coas tesouras.


Xan Perillán preparou a súa viaxe nun escenario colorista acompañado de son. Foi metendo na maleta diferentes obxectos que resultaron ser máxicos. Mentres o seu loro aparecía e desaparecía según o lugar no que estivese, ao tempo que dialogaba con Xan. Todo moi ameno e divertido.

O xoves 6 de outubro, a partires das 18:50 h. María Lires fixo que 38 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos gozaran dunha tarde divertida na biblioteca facendo ilustracións de personaxes sacadas dos seus pesadelos, a actividade tivo unha duración de 1 hora e 10 minutos e todos os asistentes pasárono moi ben.
O xoves 6 de outubro ás 18 horas Fátima Fernández Gómez, unha contacontos con zocas, visitou a biblioteca municipal de Monforte de Lemos Poeta Lois Pereiro. Malia facer una tarde de sol espléndida consegui atraer a atención dunha vintena de nenos e nenas e as súas nais e pais que disfrutaron moito coas historias que lles contou. Historias de gatos, patos, irmáns que comen sandwiches e sonidos de paxaros. Entre cancións e contos os rapaces pasaron unha hora que lles soubo a pouco.
Esperamos vela de novo polo biblioteca




Séguenos