“Son no berce” con Cristina Collazo na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.
Daniel Viéitez tratou de achegar aos cativos/as a importancia de comer ben, seguindo “o raposo Rufo” no seu último libro.
Un taller moi visual no que se involucran os/as pequenos/as para facelo máis divertido.
O pasado venres pasamos unha tarde moi entretida con Trécola Teatro.
Contáronnos como a chegada do circo Mariño, tiña a toda a cidade entusiasmada, o que agardaban con máis expectativa era ver ós animais salvaxes. Pero Klara, unha nena cunha sensibilidade moi especial, decatouse da tristura que albergaba o león azul, e argallou un plan para axudalo a saír da súa gaiola e que volvese a ser libre para ir en busca da súa familia.
O domingo 4 de outubro visitounos en Catoira Mere Clown, co seu espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín”, unha versión ben diferente á que todas/os coñecemos.
O humor e números de malabares tamén formaron parte dun espectáculo no que o artista interactuou constantemente co público infantil.

Estupenda estivo Raquel contando historias pola igualdade

Somos iguais

Somos iguais

As familias asistentes disfrutaron dun concerto literario impartido por Xoán Curiel



Que mellor estimulación sensorial para os bebés que os xogos ao son da música e os arrolos tradicionais.
De todo isto gozaron os pequerrechiños de Moeche, as súas nais e outros familiares, o sábado, día cinco, na Biblioteca de Moeche, nun obradoiro a cargo de Esperanza Mara, de EmanArte
A compañía teatral Elefante Elegante trouxo a Carral a fermosa función de O Xigante, un contacontos que fala de partillar nuns tempos onde a pandemia non nos deixa facelo. Con este espectáculo
rematamos na nosa biblioteca a programación 2020 de Ler Conta Moito, na que puidemos gozar da presenza e actividades de María Canosa, Andrea Barreira, o contacontos sensorial de Eduvía e o de Elefante Elegante de onte. As actuais circunstancias non posibilitaron os niveis de afluencia desexados, mais estamos seguros de que axiña poderemos volver encher a nosa biblioteca para desfrutar deste tipo de actividades.
Este venres en Teixeiro, recibimos a visita de Fran e Filipa.
Foi unha tarde moi divertida, onde nos fixeron rir moito coas súas historias e cancións.

O luns 5 de outubro unha nena cun acordeón visitou a biblioteca municipal de Monforte de Lemos. Pedrina é unha nena que vive co seu avó. Unha melodía fai que neta e avó teñan un desencontro que leva á nena a facer unha viaxe ata as rochas da sua contorna que cobran vida ao escoitar esa mesma canción.
Entre as aventuras que lle acontecen un


coello roúballe o seu acordeón e un aguia xigante elavaa por riba das montañas e do mar.
O final da aventura Pedrina decátase de que ten que voar e deixar que a súa imaxinación a leve lonxe sen esquecer as súas orixes e co amor incondicional do seu avó.


Séguenos